5/21/2013

LIGA DE CLUBES SALMONIDOS LANCE 2013


COUTO DE  POBRA
26-MAIO-2013

PROGRAMA


07:30 horas                   Concentración dos participantes
                                                  Sorteo de dorsais e entrega de documentación

09:00                          Inicio da 1ª manga
11:00                           Finaliza a primeira fase. Cambio de pescador e control.
11:45                           Inicio segunda fase
13:45                           Fin da 1ª manga.

14:00                          Concentración, entrega de plicas e xantar
15:45                                       Inicio da 2ª manga
17:45                           Finaliza a primeira fase. Cambio de pescador e control.
18:30                           Inicio segunda fase   
20:30                                     Fin da competición
20:30 a 21:15                Entrega de plicas       
                                     

                                      Feita e confirmada a clasificación, entrega de trofeos e peche da competición.
             







BASES

1)     O deportista, calquera que sexa a subespecialidade obxecto da competición, só poderá ter unha cana en acción de pesca. Non obstante, poderá dispoñer dunha ou máis canas de  reposto.

2)      Para a extracción da captura e a súa posterior presentación ó control, deberá facer uso dunha sacadeira ou trueiro, cuxa lonxitude totalmente extendida non supere os 122 cm. A rede desta, deberá ser de algodón ou outro material non abrasivo.
. 
3)      A adxudicación dos tramos farase por sorteo, feito en tempo e forma, para garantir a chegada a tempo, para o inicio da proba, de tódolos deportistas ós seus respectivos tramos. Os postos marcaranse no sentido da corrente (augas abaixo).

4)     A reunión do Pescador co  Control farase xunto á táboa que sinale o  inicio do tramo, augas abaixo.

5)     Material permitido:

1. Canas. Libres, de uso comercial, cuxa lonxitude non exceda de 366 cm. (12 pes).
2. Carretes. De uso opcional   sexa manual ou automático, de bobina fixa ou xiratoria.
3. Sedelas. Exclusivamente de monofilamento nos seus diferentes tipos e grosores.

Non se permite:  
           
Utilizar boias o buldós deslizantes sobre a sedela ou baixo de liña. Terán que estar fitos á mesma. 

            Cebos  (Só culleriñas e moscas artificiais):  
 
a) Culleiriñas: xiratorias ou ondulantes simples en calquera das súas variantes e  cun só anzol, pero sen plumas, pelos, la, etc.
  
b) Un máximo de tres moscas artificiais co uso da boia ou buldó (fitos na sedela ou baixo de liña)  
  
c) Os anzois, tanto das moscas como das culleriñas deberán estar desprovistos de arponciño ou semellante, ou ben telo  totalmente inutilizado, de xeito que non fagan resistencia algunha ó desanzolado. 

6)     Ó longo da proba, calquera control pode pedir o exame dos aparellos de pesca de dun pescador. 

7)     O deportista que non se presente, ou abandone a proba ou a acción de pesca, antes da hora oficial, perderá o seu dereito á clasificación e a continuar na proba. 





8)     Serán capturas válidas as pezas de 17cm ou mais, medidas dende o extremo da boca ate a punta da cola.

9)     O prezo da inscripción por deportista será de 20€ (80€ por equipo), que deberán ser aboados antes da inscrición, na cal haberá que adxuntar  o xustificante bancario do seu pagamento.

10)  A data límite da inscrición é o 22/05/2013, cada club deberá formalizar a inscrición por correo electrónico co delegado provincial da súa provincia.

11)  Os equipos estarán formados  por catro deportistas.

12)  O número mínimo de equipos para  poderse realizar o campionato será de cinco.

13)  Para calquera outra norma non descrita anteriormente aterémonos ó regulamento da FEPYC.

       
Asinado: Jesús F. Bolaño García
Presidente do Comité de Salmónidos da FGP


RIO NEIRA

No hay comentarios:

 
Creative Commons License
This blog is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License