5/21/2013

PROVINCIAL MOSCA 2013

DSC_0400DSC_0402DSC_0403DSC_0405DSC_0406DSC_0410
DSC_0378DSC_0379DSC_0380DSC_0382DSC_0383DSC_0388
DSC_0393DSC_0396DSC_0397DSC_0398DSC_0399

PROVINCIAL MOSCA 2013, un álbum en Flickr.

Letras Galegas 2013

DSC_0347DSC_0346DSC_0345DSC_0344DSC_0343DSC_0376
DSC_0375DSC_0374DSC_0373DSC_0372DSC_0371DSC_0370
DSC_0368DSC_0367DSC_0365DSC_0364DSC_0363DSC_0361
DSC_0360DSC_0359DSC_0358DSC_0357DSC_0356DSC_0355

Letras Galegas 2013, un álbum en Flickr.

LIGA DE CLUBES SALMONIDOS LANCE 2013


COUTO DE  POBRA
26-MAIO-2013

PROGRAMA


07:30 horas                   Concentración dos participantes
                                                  Sorteo de dorsais e entrega de documentación

09:00                          Inicio da 1ª manga
11:00                           Finaliza a primeira fase. Cambio de pescador e control.
11:45                           Inicio segunda fase
13:45                           Fin da 1ª manga.

14:00                          Concentración, entrega de plicas e xantar
15:45                                       Inicio da 2ª manga
17:45                           Finaliza a primeira fase. Cambio de pescador e control.
18:30                           Inicio segunda fase   
20:30                                     Fin da competición
20:30 a 21:15                Entrega de plicas       
                                     

                                      Feita e confirmada a clasificación, entrega de trofeos e peche da competición.
             







BASES

1)     O deportista, calquera que sexa a subespecialidade obxecto da competición, só poderá ter unha cana en acción de pesca. Non obstante, poderá dispoñer dunha ou máis canas de  reposto.

2)      Para a extracción da captura e a súa posterior presentación ó control, deberá facer uso dunha sacadeira ou trueiro, cuxa lonxitude totalmente extendida non supere os 122 cm. A rede desta, deberá ser de algodón ou outro material non abrasivo.
. 
3)      A adxudicación dos tramos farase por sorteo, feito en tempo e forma, para garantir a chegada a tempo, para o inicio da proba, de tódolos deportistas ós seus respectivos tramos. Os postos marcaranse no sentido da corrente (augas abaixo).

4)     A reunión do Pescador co  Control farase xunto á táboa que sinale o  inicio do tramo, augas abaixo.

5)     Material permitido:

1. Canas. Libres, de uso comercial, cuxa lonxitude non exceda de 366 cm. (12 pes).
2. Carretes. De uso opcional   sexa manual ou automático, de bobina fixa ou xiratoria.
3. Sedelas. Exclusivamente de monofilamento nos seus diferentes tipos e grosores.

Non se permite:  
           
Utilizar boias o buldós deslizantes sobre a sedela ou baixo de liña. Terán que estar fitos á mesma. 

            Cebos  (Só culleriñas e moscas artificiais):  
 
a) Culleiriñas: xiratorias ou ondulantes simples en calquera das súas variantes e  cun só anzol, pero sen plumas, pelos, la, etc.
  
b) Un máximo de tres moscas artificiais co uso da boia ou buldó (fitos na sedela ou baixo de liña)  
  
c) Os anzois, tanto das moscas como das culleriñas deberán estar desprovistos de arponciño ou semellante, ou ben telo  totalmente inutilizado, de xeito que non fagan resistencia algunha ó desanzolado. 

6)     Ó longo da proba, calquera control pode pedir o exame dos aparellos de pesca de dun pescador. 

7)     O deportista que non se presente, ou abandone a proba ou a acción de pesca, antes da hora oficial, perderá o seu dereito á clasificación e a continuar na proba. 





8)     Serán capturas válidas as pezas de 17cm ou mais, medidas dende o extremo da boca ate a punta da cola.

9)     O prezo da inscripción por deportista será de 20€ (80€ por equipo), que deberán ser aboados antes da inscrición, na cal haberá que adxuntar  o xustificante bancario do seu pagamento.

10)  A data límite da inscrición é o 22/05/2013, cada club deberá formalizar a inscrición por correo electrónico co delegado provincial da súa provincia.

11)  Os equipos estarán formados  por catro deportistas.

12)  O número mínimo de equipos para  poderse realizar o campionato será de cinco.

13)  Para calquera outra norma non descrita anteriormente aterémonos ó regulamento da FEPYC.

       
Asinado: Jesús F. Bolaño García
Presidente do Comité de Salmónidos da FGP


RIO NEIRA

5/15/2013

PRECIOSO VIDEO DE CHILENO

Video de mi amigo Chileno "Titin" cuando estaba en catalunya, siempre camara en mano, fijaos que se hace con una simple camara de fotos y un toque de imaginación!!
JOAN CARULLA
 

PEDAZO RAYA DE PACO MAREQUE

VER MAS AQUI

5/14/2013

XIX TROFEO CIDADE DE NARON DE PESCA


Narón a 14 de Maio de 2013


Coma xa hai 19 anos que empezou a súa singladura o XIX TROFEO CIDADE DE NARON DE PESCA xa está eiquí, a data de celebración ó igual que en edicións anteriores será o día 17 de Maio , Día das Letras Galegas , no entorno do couto que esta sociedade xestiona xunto có Servizo de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente : O couto troiteiro de Xubia .
O programa de actividades será o seguinte:
ñ  7:30 Xuntanza no Bar Os Rubios (Volta do Poulo-Neda)
ñ  9:00 Inicio do Campionato
ñ  13:30-13:45 Fin da competición, entrega de capturas e pesaxe na Area Recreativa  de Muiño do Chao (Pedroso)
A actividade rematará cunha comida de confraternidade que terá lugar no restaurante A Trsanquesa na Feira do Trece (Sedes)
Finalizada a mesma procederase á entrega de trofeos.
Recórdase a tódolos pescadores da comarca a posibilidade de inscribirse coma participante e de acudir con acompañante
Dado que as prazas son limitadas ós 30 pescadores que ten de aforo o couto troiteiro , rogamos que se poñan en contacto con nós o antes posible para tramitar a súa inscrición , que coma todos os anos será preferente para os socios, aínda que aberta ó resto de pescantíns .
Recordamos  que o horario de oficina do local social é de 20.00 a 21.00 h. os venres ; o noso tel-fax  é 981 387809 ou mediante o correo electrónico arrotreba@gmail.com
Tamén se pode contactar coa organización do concurso nos tel mobiles:
615055041 e 618766262
Adxuntamos cartelería do evento.

Atentamente, o presidente .

ELOI SAAVEDRA VIDAL
 
Creative Commons License
This blog is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License