7/09/2008

IV EDICIÓN DE "LECER E PESCA" EN ROIS.

A cuarta edición de LECER E PESCA celebrouse en Rois o pasado sábado día 5 de xullo nas inmediacións da praia fluvial de Seira, organizada polo Club de Pesca Deportiva LONDRA de Rois. Este ano con dous novos alicientes, o campeonato xuvenil federado, que se disputou nun tramo do río Rois por mangas de unha hora de duración cada unha delas e dentro da normativa da Federación Galega de Pesca, e a pesca sen morte, devolvendo todas as capturas a o seu medio natural.
Con un extenso programa, que abarcaba dende a pesca a outras actividades lúdicas, daba comenzo esta cuarta edición ás 16 horas do citado día.
Con unha inscripción previa de 75 rapaces e rapazas de entre 3 e 17 anos de todo Galicia, pois nesta xornada acompañaronnos a Sociedade de Caza e Pesca "A Venatoria" de Lugo, Sociedade de Pescadores Deportivos "Moamar" de Moaña e Marín e a Sociedade de Caza e Pesca "A Venatoria" de Santiago.
Daba comenzo a xornada co campeonato xuvenil federado de entre 12 e 17 anos no que participaron 12 pescadores, acompañados en todo momento por monitores do Clube LONDRA. A súa vez nas instalacións da praia fluvial daba tamén comenzo a pesca infantil co resto dos participantes.Mentres para todos os asistentes, Rafael de la Iglesia e Eduardo Fontenla de Culleriñas Edu, participaban nun taller de montaxe de moscas e culleriñas respectivamente, acompañado este dunha exposición fotografica da pesca do salmón en terras de Arxentina por parte de culleriñas Edu, os cales tiveron unha gran aceptación entre os participantes e acompañantes nesta xornada.
Rematada a pesca que se prolongou por espazo de duas horas, douse paso a unha merenda campestre para todolos participantes acompñada esta dunha discoteca móvil. De seguido o mestre Rafael de La Iglesia fixo unha demostración de lance e pesca con cola de rata, deleitando os presentes coa estética e plasticidade desta modalidade deportiva de pesca.Rematado esto, douse paso as actuacións programadas empezando por subir o esceario o humorista Pacheco que puxo a nota de humor nesta festa, a continuación nos deron mostras do seu bo facer no mundo musical o grupo femenino "Closed", encabezado pola gran vocalista de Teo "Mirian" que dou paso a entrega de trofeos e sorteo de agasallos entre todolos presentes, no cal estivo presente o rexidor do Concello de Rois D. Ramón Tojo Lens acompañado do seu Teniente de Alcalde.

A clasificación xuvenil federados, foi a seguinte:

1º. Alejandro Reboiras Rodríguez, do Club Londra de Rois.
2º. Alba Castro Bello, do Club Londra de Rois.
3º. Cristina Portabales Lella, da Sociedade de Pescadores Deportivos Moamar.

Na categoría infantil non había competición e todos levaron o seu trofeo de participación.
O Club de Pesca Deportiva Londra, agradece a colaboración das casas comerciais de Santiago, Padrón, Rois, Coruña, Puentecesures e a todas as intitucións públicas e privadas así como a todolos medios de comunicación que se fixeron eco deste evento.

No hay comentarios:

 
Creative Commons License
This blog is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License