4/09/2008

Resolución do 14 de marzo de 2008, pola que se crea o couto de pesca de Rois.

Resolución do 14 de marzo de 2008, pola que se crea o couto de pesca de Rois.De conformidade co disposto no artigo 68 do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (Decreto 130/1997, do 14 de maio), a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible aprobou o Plan de xestión de recursos piscícolas dos seguintes tramos da bacía do río de Rois, situados no concello de Rois:


De conformidade con todo o anterior, resolvo crear o couto de pesca de Rois, cos límites e a normativa que a seguir se establecen:
Ríos: rego de Buxán, río Baleirón ou Liñares e río de Rois.
Concello: Rois.
Límites superiores: desembocadura do rego do Vispeiro no rego de Buxán e desembocadura do rego do Ribeiriño no río Baleirón ou Liñares.Límite inferior: desembocadura do río de Rois no río Sar.
Lonxitude aproximada: 9,3 km.

Clasificación: couto de troita.Permisos diarios: 8 en xornadas laborables e 14 os sábados, domingos e festivos.
Categoría dos permisos: permisos de pesca sen morte os martes e permisos de terceira categoría noutras xornadas hábiles.
Cota de captura: 6 troitas por pescador e xornada, agás en xornadas de pesca sen morte.
Tamaño mínimo da troita: 19 cm.
Inicio da tempada de pesca: o inicio xeral da tempada da troita no tramo comprendido entre os límites superiores do couto e a presa da praia fluvial de Seira, e o 1 de maio no tramo final do couto, nunha lonxitude aproximada de 0,8 km.
De conformidade co disposto no artigo 15 do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (Decreto 130/1997, do 14 de maio), inclúense no couto de pesca os 100 m finais de todos os afluentes existentes no tramo acoutado.

No hay comentarios:

 
Creative Commons License
This blog is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License