4/22/2008

POUCAS CAPTURAS PERO ALTA PARTICIPACIÓN NO "V CAMPEONATO DE PESCA FLUVIAL CONCELLO DE ROIS"







IVAN GESTOSO REY, VENCEDOR ABSOLUTO DO CAMPEONATO CON CINCO TROITAS.



Un total de 41 pescadores divididos en tres categorias, senior, damas e xuvenís, participaron no V Campeonato de Pesca Fluvial Concello de Rois, celebrado o domingo 20 de abril e orgainzado polo Club de Pesca Deportiva LONDRA, no que se incluia o campeonato social.

Nunha xornada que metereoloxicamente se presentaba mala, cabe destacar a alta participación de aficionados a este deporte, que dende ás 7:00 horas se concentraron no bar O Pemento de Seira para despois de recoller o correspondente dorsal, trasladarse o escenario da proba no tramo libre do río Sar, comprendido entre a presa do Muiño de Lamas e a Ponte de Ribasar, onde ás 8:00 daba comenzo a proba, custodiados estos en todo o tramo por membros de Protección Civil de Rois, os cales velaron pola seguridade dos participantes.

A xornada transcurreu con normalidade, aínda que os pescadores de cebo artificial se viron perxudicados polas chuvias caídas no día e noite anterior, facendo crecer de maneira moi elevada o río Sar enturbiando as súas aguas, cousa que favoreceu os pescadores que utilizaron cebo natural, modalidade que durante o transcurso da proba se volveu xeneralizada.

Remataba a proba ás 13:00 horas, tendo hasta ás 13:30 plazo para presentar as capturas, tempo no que se alcanzou unha baixa cantidade de capturas, arroxando ó peche do pesaxe un total de 17 troitas que deron na báscula un total de 3.398 gramos. A proba estuvo supervisada en todo momento pola garderia de Medio Ambiente.

Remataron a xornada con un almorzo no restaurante Pardal, o cal asistiron o Alcalde de Rois, D. Ramón Tojo Léns, o Concellal de Medio Ambiente, D. Manuel Rey, o Vicepresidente da Federación Galega de Pesca D. José García García, o Presidente da Asociación de Veciños de A Pontenova D. Manuel Monteagudo, o mestre montador de moscas D. Rafael de la Iglesia e o director do Programa Rios e Montes da Radio Galega, D. Miguel Piñeiro que se encargou de cubrir periodisticamente a proba, entre outros. No transcurso de dito almorzo entregaronse os trofeos os gañadores e se sorteou diverso material de pesca entre todos os participantes.

Seguidamente trasladaronse hasta a praia fluvial de Seira, onde os Socios do Clube LONDRA celebraron con champan e unha gran traca a creación do Couto de pesca de Rois o pasado día 9 de Abril, tal e como se publicaba no Diario Oficial de Galicia, en donde figuran as caracteristicas do mesmo, cabendo destacar a xornada de pesca sen morte en todo o coto, que será o martes.



O Club de Pesca Deportiva Londra, agradece a coloaboración das empresas, casas comerciales e firmas particulares de Rois, Padrón, Santiago, Noia e Pontecesures, a o Concello de Rois, a Federación Galega de Pesca, Protección Civil de Rois, Asociación de Veciños de A Pontenova, Gardería de Medio Ambiente, Gardería Privada do Couto de pesca de Rois e Consellería de Medio Ambiente que coa súa aportación fan que ano tras ano se superen as espectativas previstas, xa non solo neste evento, si non en todos os que leva organizado este Club dende a súa fundación, poñendolle o broche de ouro coa creación do Couto de Pesca de Rois, que sin duda dinamizara o Concello de Rois, tanto social como económicamente. Agradecer tamén ós medios de comunicación que se dignan en publicar os eventos e traballos que leva a cabo este Club, dando a coñecer o Concello de Rois e o Club Londra dentro do mundo da pesca deportiva.


CLASIFICACIÓN DO CAMPEONATO.CATEGORIA SENIOR.

1º- Iván Gestoso Rey, con cinco troitas, facendo un total de 2203 puntos.

2º- José Otero Reboredo, con tres troitas, facendo un total de 1430 puntos.

3º- Ramón Bernardez Carril, con tres troitas, facendo un total de 1256 puntos.

4º- José Rabuñal Caamiña, con duas troitas, facendo un total de 958 puntos.

5º- Jesús Canicoba Francos, con unha troita, facendo un total de 459 puntos.

6º- José Del Río Somoza,, con unha troita, facendo un total de 454 puntos.

7º- Indalecio Freiria Baleirón, con unha troita, facendo un total de 376 puntos.

8º- Roberto Ojea Romero. (Pescador máis novo en categoría Senior)


CATEGORIA DAMAS.

1ª- María Manuela Freire Pázos, con unha troita, facendo un total de 512 puntos.

2ª- Alba Castro Bello.


CATEGORIA XUVENIL.

Esta categoría quedou deserta por non presentar capturas ningún dos participantes, decidindo os postos da clasificación con forme ás normas da Federación Galega de Pesca, a cal no seu regulamento indica que en caso de empate e no suposto de que non haxa capturas, como neste caso, decidirase a clasificación comenzando polo pescador máis novo e seguindo correlativamente a clasificación según a idade de cada participante.

Polo tanto foi a que sigue:

1º-Alejandro Reboiras Rodríguez.

2º-Eduardo Seco Velo.


A peza maior foi capturada por María Manuela Freire Pázos, unha troita de 28,5 cm.O trofeo o pescador máis veterán recaeu en Manuel Nuñez Díaz.Os catro primeiros clasificados en categoria Senior participaran no provincial de Salmónidos Lance da próxima tempada representando o Club.

No hay comentarios:

 
Creative Commons License
This blog is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License