1/16/2008

CAMPAÑA INFORMATIVA DE LA ASOCIACIÓN DE TROITEIROS RIO FURELOS

Continuando coa campaña iniciada como consecuencia do desastre do río catasol polos vertidos de zurro dunha granxa de porcino, a asociación de troiteiros "Río Rurelos" chega aos centros de ensino. Dende o 14 o 20 deste mes no colexio nº2 da Martagona de Melide mostraranse uns paneis cunha exposición de máis de 200 fotografias, que recollen dende o inicio ate o final do desastre.

Tamén se proxectará un vídeo con imaxes do desastre e outro das iii xornadas de limpeza. Ademais levarase a cabo unha unha charla -debate cos escolares o día 16 na que se pretende concienciar a todo o mundo.
Tamén se están repartindo entre todos os grupos políticos, asociacións, etc. Os cds do desastre e das iii xornadas de limpeza para que sexa visionado por todos e así poder sacar as mellores conclusións para evitar este tipo de desastres e concienciar a todos sobre a importancia do coidado da natureza.

Esta campaña terá continuidade os vindeiros días nos colexios: Mestre Pastor Barral nº 3, e no Ceip nº 1.


Presidente Asoc. de Troiteiros "Río Furelos".
Xavier Pazo Blanco
Tel. 696607348
www.riofurelos.es

No hay comentarios:

 
Creative Commons License
This blog is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License