1/17/2008

CAMPAÑA INFORMATIVA DE LA ASOCIACIÓN DE TROITEIROS RIO FURELOS II


A Asociación de troiteiros “RIO FURELOS” de Melide prosegue co seu labor de concienciación sobre a conservación do Medio Ambiente, en especial dos ríos, (pola conta que lle trae), iniciando unha serie de charlas.

Primeiro foi a presentación da exposición fotográfica sobre o desastre ecolóxico no RIO CATASOL o pasado 11 de setembro de 2007. Nesta charla o concello de Melide a través do Concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Prado, deu a coñecer a decisión do Concello de Melide de se presentar como acusación particular contra o autor do vertido de zurro.



Agora a actividade divulgativa diríxese aos escolares. Concretamente nos centros de educación infantil e primaria do concello de Melide. O mércores desta semana tocoulle ao Colexio da Martagona, tamén coñecido como “número dous”.

Nesta charla, conducida polo vocal de Medio Ambiente da “ASOCIACIÓN DE TROITEIROS RIO FURELOS” (Xan Pérez), o Vicepresidente da Asociación (Xurxo Pazo), e os propios mestres, aos que lles agradecemos a súa viva implicación no tema. Proxectáronse dous documentos audiovisuais; o primeiro sobre o desastre ecolóxico no río Catasol e o segundo, sobre as xornadas de limpeza nos ríos Furelos, Martagona e Vilamor, no verán pasado.

Despois da proxección dos documentos, os nenos convertéronse en metralletas que disparaban preguntas. Preguntas que ían directamente ao que non é comprensible: Como pode haber alguén que mate miles de troitas?, Se alguén fai algo así, vai directamente ao cárcere?, Xa se sabe o que tivo que pagar o que cometeu tal delito?. Quen tira os coches no río?, etc.

Nos próximos días, os troiteiros seguirán con esta exposición no colexio “Pastor Barral” e no colexio Nº 1 de Melide; continuando así co seu labor de concienciación.

No hay comentarios:

 
Creative Commons License
This blog is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License