10/16/2006

CAMPIONATO AUTONÓMICO MAR-COSTA

21 OUTUBRO 2006 PRAIAS DE DONIÑOS OU SANTA COMBA (depende do tempo)

HORA E LUGAR DE CONCENTRACIÓN:

16 HORAS PRAIA DE DONIÑOS ZONA CENTRO OUTEIRO,( CAMPO DE TIRO)

COMPETICIÓN: DE 18 A 22 HORAS

BASES:

Cada pescador poderá usar dúas canas e deberá de deixar un espazo mínimo de 20 metros con respecto ao pescador máis próximo.

Para a competición o chumbo será de 60 gr. mínimo e deberá sempre tocar fondo

A adxudicación de sectores e postos, farase por sorteo tradicional, procurando que non cadren nun mesmo sector, compoñentes dunha mesma provincia.

Ó sinal de «fin de proba» é obrigatorio o cese inmediato da acción de pesca, debendo retirarse a cana cobrando normalmente o aparello, se trae peza é válida.

Permítese entrar na auga (máxima entrada, á altura aproximada do peito do participante) por un período breve de tempo e sempre dentro dos límites do seu posto e prolongación imaxinaria.

A posición do participante, unha vez efectuado o lance, debe estar na parte seca do borde da auga, desde onde exercitará a acción de cravado e loita coas pezas cravadas.

O lance pode realizarse desde calquera posición dentro do posto de pesca, realizados sempre en dirección e dentro do seu espacio de mar delimitado pola prolongación imaxinaria do seu posto. Quedan prohibidos os lances oblicuos.

Prohíbese, así mesmo, calquera lance realizado por detrás doutro participante contiguo que naquel momento se atopase dentro da auga.

BAIXOS DE LIÑA. Son libres en dimensión, diámetros e composición. Soamente poderán ir provistos dun máximo de tres amocelos.

Permítese :

Ter dispostos e provistos de isca cantos baixos de liña considere necesarios.

Utilizar, sempre fóra do amocelo, materias atraentes como perlas e plumas coloridas, pezas fluorescentes, etc.

Non se permite:

Colocar nos baixos de liña, elementos olorosos.

O participante, en competicións nocturnas, poderá utilizar fontes luminosas sen dirixilas cara a auga, nin perturbar ós participantes contiguos.

As pezas capturadas computarán UN PUNTO POR GRAMO

Non serán consideradas as pezas:

O Congro

As pezas que teñan máis de un amocelo na boca ou fóra dela de distintos participantes.

As que non superen a medida legal establecida.

Os peixes manipulados ostensiblemente.

Para o non contemplado aquí as normas rexeranse polo regulamento de competición da Federación Española de Pesca y Cásting.

Coruña, 12 de xaneiro de 2006

Santiago Domínguez Rodríguez

Presidenete do Comité de Competición de Mar-Costa

No hay comentarios:

 
Creative Commons License
This blog is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License