2/10/2010

VII XORNADAS DE LIMPEZA E RETIRADA DE RESIDUOS NOS RIO DE ROIS, CLUB LONDRA


O Club de Pesca Deportiva LONDRA de Rois comenzou as súas actividades da tempada 2010 coas VII Xornadas de limpeza e retirada de residuos dos ríos de Rois. Por séptimo ano consecutivo os Socios de Londra coa colaboración dunha representación do Club W.Latorre de Padrón e a empresa Destilerias Compostela, reuníronse para esta primeira cita das xornadas de limpeza que adicaron o tramo do río Rois comprendido dentro do couto de Rois que xestiona o Club Londra. Durante dúas horas e media e repartidos por parellas, dedicáronse a sacar toda clase de refugallos dos marxes do río Rois, maioritariamente plásticos dado que as enchentes deste inverno arrastraron todo tipo de residuos nos que cabe destacar unha televisión e un conxelador, estes últimos máis difíciles de arrastrar hacia o río polas choivas, polo que se supón foron depositados nas súas marxes ou cauce por algúns desaprensivos que en vez de depositalos no punto limpio se adican a verter o que lle ven en gana no cauce do río.



Retiráronse sobre trescentos quilos de refugallos o que supón unha cantidade parecida a do ano anterior, pero tamén valorando que este ano as enchentes arrastraron moito lixo hacia o cauce do Rois, polo que si non hubese enchentes, non haberia tanto lixo no río.



O mellor da xornada é que os participantes puderon comprobar a boa saúde do couto de Rois, que mostra unha imaxe preciosa nesta época do ano e no que se puderon ver abundantes troitas e de moi bo porte, polo que se espera un bo comenzo de tempada. Tamén o Club Londra agradece a colaboración e o compañerismo do Club W. Latorre de Padrón e de Destilerias Compostela que participaron activamente nesta primeira cita.



Despediron esta primeira cita no bar O' Pemento de Seira degustando uns pinchos ofrecidos polo Club Londra.



A próxima cita será o vindeiro sábado día 20 no que se abordará o cauce e marxes do río Valeirón ou Liñares.




LA NOTICIA EN PRENSA:



http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2010/02/09/0003_8282331.htm#


http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2010/02/09/0003_8282331.htm#

No hay comentarios:

 
Creative Commons License
This blog is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License