LIMPEZA DO RÍO VALEIRÓN.
Este sábado levouse a cabo a 2ª cita das "X
XORNADAS DE LIMPEZA E RETIRADA DE REFUGALLOS NOS RIOS DE ROIS" que
organiza o Club de Pesca Deportiva LONDRA, no couto de pesca de Rois que
xestiona este Club en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestructuras da Xunta de Galicia.
Como de costume, logo da previa concentración de
participantes, nesta ocasión na ponte de Basa, dispuxeronse estos a percorrer e
acondicionar as marxes e contorno do río Valeirón, recollendo toda clase de
refugallos que debido as enchentes quedaron depositados nas suas marxes.
Retiraronse uns douscentos quilos de residuos entre os vintecinco
participantes, nos que se encontraban socios do clube e compoñentes do
veciño Clube W. Latorre de Padrón, así como representantes de empresas da zona,
(Destilerias Compostela e Bersan Automoción). O finalizar, os participantes
disfrutaron de unha merecida merenda na Taberna O`Pemento de Seira,
xentileza do Club LONDRA.
Con estas xornadas, o couto de Rois queda libre de
refugallos, pendente das próximas actuacións que en vindeiros dias se levaran a
cabo, como son o acondicionamento das sendas e postos de pesca xunto coa
reposición de sinais e carteis indicativos do couto, para que o vindeiro día 17
de marzo se encontre en perfectas condicións para acoller os primeiros
pescadores que disfrutaran sin dúbida da sua afición favorita rodeados dunha fermosa
e coidada paisaxe.
O Club LONDRA, agradece a participación a todos
aqueles que quixeron poñer o seu graniño de area participando nestas xornadas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario