2/03/2010

QUE FIXEN EU PARA MERECER ESTA FEDERACION

Parafraseando o título da película de Almodovar me vexo, e estou nun punto que non sei se debo rir ou chorar.

Non contentos con intentar amedrentar periodistas mediante as querelas fora de lugar.

Non contentos cun silencio cómplice nos desastres de Eume e Xallas.

Non contentos con gastar diñeiro público en incentivar campionatos sobre especies alóctonas e invasoras.

Pois agora resulta que tamén lles deu por intentar que o resto da comunidade que formamos a Federación esteamos caladiños. E os que nos movemos parece que non imos saír na foto, ou iso creen eles...

Vaiamos por partes: Na asamblea do ano 2009 o que suscribe parece ser que falou demais. Entre outras cousas díxenlles que non me parecía de recibo o cómplice silencio que a Federación adoptara no caso do Eume (na súa acta despachan este tema cunha referencia a que unha sociedade invitada mencionou o tema), tamén puxen en dúbida aspectos menores das contas.

Finalmente na asamblea que ven de celebrarse en Lugo este fin de semana tiven o meu pago. Consisteu este en non permitirme acceder á mesma, retirándome o carácter de asambleista que tiven na anterior. O argumento era que na constitución da asamblea tra-lo período electoral a sociedade á que represento (XUBIA) Non dispoñía do nº de tarxetas suficientes para estar representada na mesma Recórdolles que en ningún momento da anterior asamblea se me fixo notar que non formaba parte da mesma e por suposto intervín en igualdade de condición có resto de compañeiros alí presentes.Tamén lles recordo que Xubia adoptou, hai dous anos xa, a decisión de federar obrigatoriamente a tódolos seus socios de pesca, tra-lo cal o seu nº de tarxetas aumentou ata as 58 coas que conta na actualidade. O que é relevante neste caso é que logo de seguir as súas argumentacións para aumentar os federados, logo isto non serve de nada. Tamén direi que non é relevante o argumento de que hai catro anos non tiñamos ese nº de federados, pois xa me informei de que esa limitación se pode levantar previa notificación á Dirección Xeral.

Logo disto que me queda por pensar. Pois é sinxelo, se nun caso se permite participar de forma alegal (opinando e incluso votando), e mais tarde se me impide facelo, sen criterio fixo de ningún tipo, só me queda un razoamento. E este non pode ser outro que o de que me queren calar como clube, toda vez que as posicións públicas da sociedade Xuvia sobre toda unha serie de asuntos non lles gustan nada.

Como non, a sacudida verbal que lles metín na ponencia que presentei (Pesca e Poder) nas Xornadas do Grupo Miguelpesca de Rois en Novembro do ano pasado imaxino que tiveron moito que ver na decisión de calarme.

Non obstante quero que saiba Sr Romarís (¿ou debería dirixirme ó que manexa dende as sombras todo o negociado?) que nin vostede nin outros me van facer calar. Pode que coa aplicación retorcida da normativa se salve na asamblea polo momento, pero esta normativa non o ha salvar para sempre.E tamén quero que saiba que hai moita xente que tiña cousas que dicir é os que deixaron fóra da asamblea. Non se preocupe, estou en condicións de asegurarlle, que si ben pensaba que ía ter un fin de mandato repousado, este non vai ser tan regalado.

Por de pronto avánzolle, que a Sociedade de Caza e Peca Xuvia, considérase deste este mesmo instante desvinculada da organización do Campionato autonómico de Mosca, ningún directivo nin socio a título individual vai participar na mesma logo do agravio cometido con esta sociedade.

Coma comprenderá, unha sociedade que non pode participar nas Asambleas da Federación non é de fiar, e non pode ter loxística nin capacidade de organización para un evento así. Así que a pelota queda no seu tellado, non dubido que a estas alturas da lectura dirá vostede: E que problema hai? Non se preocupe da súa capacidade de organización non teño dúbida, xa a puxeron de manifesto na organización do Campionato de España do 2007

Con todo isto quérolle decir que se agarren, que veñén curvas

Eloi Saavedra é presidente da Sociedade de Caza e Pesca Xubia

No hay comentarios:

 
Creative Commons License
This blog is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License