8/21/2009

CAMPIONATO PROVINCIAL DE EMBARCACIÓN FONDEADA, CORUÑA

RIBEIRA
13-SETEMBRO-2009
La FGP(Coruña) con la colaboración del Club W.Latorre organiza el Campeonato Provincial de Embarcación Fondeada 2009,en los Bajos de Corrubedo con el Náutico de Ribeira como puerto base.

PROGRAMA

07:30 Concentración dos participantes no Club Náutico de Ribeira
08:15 Saída ao caladoiro de pesca
09.00 Inicio da proba.
13.00 Fin da proba
14.30 Comida no Club Náutico e entrega de trofeos.


NORMAS PARTICULARES DE DESENVOLVEMENTO

· Constará dunha soa manga de catro horas de duración.
· O patrón indicará o final da proba por barco, procurando axustarse ao horario do programa.
· O campionato desenvolverase desde embarcación na zona de Corrubedo se o tempo o permite, de non ser así buscaranse augas máis tranquilas á discreción do xurado.
· A pesca realizarase con cana, estando só unha en acción de pesca.
· Non se permite o cebado das augas.
· O cebo será libre podendo utilizar os permitidos pola Consellería do Mar
· O chumbo tocará fondo e só se permiten tres anzós.
· Por tratarse de especies de superficie só se admitirán dúas xardas por pescador. Non serán válidos os muxes.
· Só se admite un congro por pescador, cun peso mínimo de 2 kg. Puntuará 1000 puntos.
· Serán válidas as capturas que superen a medida legal establecida pola Consellería do Mar, (as especies que non dean esa medida mínima poden ser obxecto de sanción)
· A puntuación será un punto por gramo de peso considerando as especies dunha única categoría.
· O xurado estará composto polos membros da Federación presentes, dous representantes dos clubs e dous pescadores de entre os participantes.


En canto ao resto de normas, serán de aplicación as establecidas no regulamento oficial de competicións da Federación Española de Pesca.

1 comentario:

Anónimo dijo...

como fue la cosa?

 
Creative Commons License
This blog is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License