2/09/2009

LIMPEZA DO RIO ROIS, CLUB LONDRA


Os Socios de Londra volvéronse a dar cita un ano máis (e xa van seis ), para percorrer o río Rois no tramo que abarca o Couto de pesca e retirar toda clase de residuos sólidos das marxes e contorno do cauce. Unha treintena de participantes e repartidos por parellas, patearon as marxes do Rois, recollendo e retirando toda clase de residuos, que poden alcanzar os douscentos Kilos de peso. Ó finalizar a xornada o Club Londra fai un balance positivo, pois cada ano que pasa o río está máis limpo e a cantidade de lixo que se retira é moito menor. A labor de concienciación que fixo o Club Londra para que o lixo non se tirase ó río e se depositara nos lugares habilitados para tal fin, xa dá os seus froitos, pois o couto de Rois presenta unha imaxe envidiable. O río é significado de vida, cultura, prosperidade dos pobos, e un ben natural que hai que saber administrar para que non se extinga, no seu significado máis amplo. ¡Que importa recordar tempos de bonanza, si o hoxe e o mañán non se poden mencionar porque nos dará vergoña!.
Para que esto non ocurra non soio a Administración ten que poñer os medios cos que conta, senón que as sociedades, os clubes e en difinitiva o pobo debe de colaborar, como xa se está a facer en Rois, onde entre todos, Administración Local, Clube de Pesca, empresas e veciños, participan na conservación do seu medio, detalle que o Club Londra valora e agradece.
O próximo sábado día 14, ás 15:30 horas, daranse cita de novo no Bar Liñares os Socios de Londra que percorrerán as marxes do río Valeirón, para retirar do cauce e contorno deste, toda clase de refugallos.




No hay comentarios:

 
Creative Commons License
This blog is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License