6/18/2008

XII CAMPEONATO DE PESCA DO RIVEIRO

CINCO DOS TROFEOS DA CATEGORIA DE TROITA, VEÑEN PARA ROIS. O Club de Pesca Deportiva LONDRA, participou no XII CAMPEONATO DE PESCA DO RIVEIRO, que se celebrou en Ribadavia e tivo como esceario da proba o río Avia ó seu paso por este concello. Estivo organizado pola AGRUPACIÓN DEPORTIVA NATURAL DE RIBADAVIA a cal, como en anos anteriores cursou invitación a o Club LONDRA de Rois para que participase neste importante evento da provincia ourensan.Abarcaba este campeonato tres categorias, troita, escalo e carpa, nel participaron un total de 85 pescadores de asociacións de todo Galicia O Club LONDRA fiel os seus principios participou na categoría de troita, obtendo o final da proba cinco dos dez trofeos postos en xogo.
O mellor clasificado de LONDRA, José Otero Reboredo obtivo a terceira plaza, seguido na cuarta posición por Jesús Canicoba Francos, na quinta por María Manuela Freire Pazos, José María Blanco Otero acadaba a sexta praza e Indalecio Freiria Baleirón faciase ca séptima.Cabe destacar de novo a boa clasificación de María Manuela Freire Pazos que esta tempada está a sentar catedra no que se refiere a pesca da troita, pois desta volta as categorías eran mixtas, agrupando a homes e mulleres sin distinción o que aínda lle dá moito mais valor a súa clasificación. Noraboa a todolos premiados.

No hay comentarios:

 
Creative Commons License
This blog is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License