6/18/2008

UN PESCADOR DO CLUB LONDRA DE ROIS, CLASIFICADO PARA O CAMPEONATO GALEGO DE COLA DE RATA


O Club Londra participou no campeonato Provincial de Salmónidos Mosca celebrado o domingo día 15 no couto de Chaián, río Tambre e organizado pola Federación Galega de Pesca. O equipo do Club Londra estivo formado por José Ramón Suárez Barreiro, Iván Gestoso Rey, Rafael de La Iglesia Gomez e Manuel Cristobo Balado. As últimas choivas non axudaron moito os pescadores que practican esta modalidade de pesca, pois o Tambre, aínda a estas datas, sigue algo crecido para a práctica da pesca con cola de rata, pero aínda con todo eso un dos compoñentes do Club Londra, logrou superar as adversidades, sobre todo meteorolóxicas que tamén fixeron acto de presencia nesta xornada e logrou un meritorio cuarto posto o final da segúnda manga. Esta clasificación dalle a Rafael de La Iglesia Gomez un posto para participar no campeonato galego desta especialidade, representando a provincia da Coruña en nome do Club Londra de Rois.

No hay comentarios:

 
Creative Commons License
This blog is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License