6/03/2008

DIA DEL SOCIO EN LA ASOCIACIÓN TROITEIROS RIO RURELOS

A Asociación de Troiteiros "Río Furelos" celebrou este pasado domingo día 1 de xuño, e por terceiro ano consecutivo o Día do Socio. O evento ó que acudíu a Sra. Alcaldesa do Concello de Melide (Socorro Cea), tivo lugar nas instalacións da Praia Fluvial do río Furelos co maior éxito de participantes de todos os que se levan celebrados ate agora, xa que o número de comensais se achegaba ao centenar. Maiores, mozos e nenos degustaron en amigable compañía un xantar preparado polo restaurante O Toxo a base de tortilla, empanada, pulpo a feira, churrasco e outras viandas que precederon aos postres e cafés, momento no que a directiva da asociación aproveitou para repartir entre os socios os cen primeiros chalecos co emblema da asociación.





No hay comentarios:

 
Creative Commons License
This blog is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License