1/23/2008

RIO FURELOS EN MESTRE PASTOR BARRAL

A Asociación de Troiteiros “RIO FURELOS” de Melide, continúa coa campaña de concienciación Medioambiental nos colexios do concello, despois do desastre ecoloxico no “Rio Catasol” do pasado 11 de Septembro. No que se recolleron 4.195 troitas mortas e outras especies como ras, tritóns e anguias.

Este martes 22 de xaneiro tocoulle os alumnos do colexio “Mestre Pastor Barral” tamén coñecido como “Número 3”. Para poder atender ós alumnos, esta charla realizouse en dous turnos (1º ciclo e 2º ciclo)




Tras a proxección de dous documentos audivisuais; o primeiro sobre as “Xornandas de limpeza 2007” nos rios “Furelos”, “Martagona” e “Catasol”; e o segundo sobre as labores de recollida, reconto e medida das especies mortas no desastre ecoloxico no rio Catasol. Os alumnos fixeron preguntas interesándose polos motivos e consecuencias deste desastre. O mesmo tempo mostraron interés en participar nas xornadas de limpeza que esta asociación ven realizando dende o ano 2005.



A charla foi levada polo Vocal de Medio Ambiente (Xan Pérez) e o Vicepresidente (Xurxo Pazo) que responderon a sucesivas preguntas dos alumnos.



O Presidente (Xavier Pazo), en nome da Asociación de Troiteiros “Rio Furelos” agradece a implicación do profesorado nestas charlas.

No hay comentarios:

 
Creative Commons License
This blog is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License