11/30/2007

CAMPAÑA DO RIO CATASOL (TROITEIROS DO RIO FURELOS)



A campaña sobre o desastre no río Catasol segue o programa establecido e xa exta nas rúas de Melide, pasou polas Praza do Convento, praza das Coles "ou Constitución", praza da Herba, rúas Calvo Sotelo, Moa, Alberte Lafuente, X. Franco, Cantón de S. Roque., Av. de Toques...
Acompañada de grandes carteis nas que se visionan máis de 200 fotos e da entrega dun documento no que se analiza o dano causado e as posibles repercusións no Medio Ambiente.
Xabier Pazo, presidente do colectivo de pescadores, mostra o seu agradecemento a todolos visitantes e sinala a gran receptividade mostrada polos visitantes e a súa gran preocupación polas medidas a tomar. Todos agardan que sexan efectivas e que pouco a pouco sucesos desta índole sexan solo un mal recordo do pasado.
A campaña terá continuidade nas vindeiras fechas nos colexios de ensino da Terra de Melide, que abarcan os Concellos de Melide, Toques, Santiso e Sobrado cunha duración en cada centro dunha semana para que os escolares podan visionar o Vídeo do desastre e as distintas fotografias e así poder facer un traballo.

Presidente Asoc. de Troiteiros "Río Furelos".
Xavier Pazo Blanco
Tel. 696607348
www.riofurelos.com


No hay comentarios:

 
Creative Commons License
This blog is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License