10/05/2007

CURSO DE MONTAXE DE MOSCAS

A Asociación de Troiteiros Río Furelos, vai escomenzar o 3º curso seguido de montaxe de mosca impartido por mestres artesans, continuando así coa sua labor e que terá unha duración de 20 horas distribuidas como segue:
4 horas teóricas para o coñecemento dos distintos materiais que se van a utilizar (fíos, plumas, anzóns etc. 12 horas de práctica para a realización das distintas moscas (secas, afogadas, ninfas..). 2 horas para o coñecemento da flora e fauna acuática fluvial (vertebrados, odonados, macroinvertebrados, plantas...) e finalmente 2 hoas nas que se tratará e debaterá sobre a defensa e respecto do medio natural co visionado das II xornadas de limpeza do río Furelos, (ano 2006), e a exposición dos traballos realizados e clausura do curso. Realizarase o curso nunha aula habilitada para o efecto e impartirase nos sábados do mes de outubro e o día 12 do mesmo mes, en horario de 16:00 a 20:00 h.

A inscripción podese facer no tel. 696607348 ou no
E-mail: asociaciontroiteiros@gmail.com, será gratís para todo o mundo e o prazo remata o vindeiro sábado as 14:00 h. Prazas limitadas. -- Presidente Asoc. de Troiteiros "Río Furelos".Xavier Pazo BlancoTel. 696607348www.riofurelos.com

No hay comentarios:

 
Creative Commons License
This blog is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License