10/17/2007

ASAMBLEA PROVINCIAL DE LA F.G.P

A Coruña 10/10/07
Amigo Presidente, a pesar de que son moi poucas as troitas que temos nos nosos ríos, xa estamos de cheo na planificación da próxima campaña, con tal motivo, vamos a celebrar unha xuntanza con todos vos para tratar asuntos relacionados co noso deporte e outros temas que xurdan e poidan ser de interese.
A reunión terá lugar o próximo día 20 ás 18 horas en primeira convocatoria e as 18:30 en segunda, no Complexo Deportivo de Elviña (ó pasar Carrefour na avenida da Vedra preto ó edificio da feira exposición que estase a construír.)
Coa seguinte orde do día:
1º Informe do Delegado.
2º Proposta de coutos para os campionatos do vindeiro ano.
3º Temas e Propostas a tratar no Comité Provincial de pesca que terá lugar o día 31 deste mes.
4º Designación de escenarios para os campionatos de mar-costa.
5º Debate e proposta sobre o imposto ..... dos campionatos de mar.
6º Proposta sobre a necesidade de solicitar un escenario deportivo de pesca, e un couto de pesca intensiva.
7º Rogos e preguntas.
Nota: Quero felicitar a todos por que un ano mais esta Provincia segue a destacarse no número de licencias Federativas, e tamén pola resposta a convocatoria da asemblea do ano pasado, espero que este ano se sumen os clubs que faltaron, pois sen o apoio e colaboración de todos pouco podemos facer.
Tempo previsto da reunión 2 horas.
Sen outro particular e desexando que teñamos un bo ano deportivo con sorte para todos, un cordial saúdo.
Amigos Presidentes:
Como xa coñecedes o día 31 deste mes remata o prazo de solicitude de reserva de datas ante Medio Ambiente para a realización de concursos nos coutos de pesca. As datas que acordou reservar a Federación son as seguintes.
13 de abril Salmónidos lance Provincial
11 de maio Salmónidos lance Autonómico
1 de xuño Salmónidos mosca Provincial
15 de xuño Salmónidos mosca Autonómico
25 de maio reserva
Rogo teñades en conta estas datas a hora de solicitar as dos vosos clubs para que nos exista coincidencia.
Achego convocatoria da reunión que celebraremos na Coruña o Próximo día 20 espero contar coa presencia de todos vos.

No hay comentarios:

 
Creative Commons License
This blog is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License