10/20/2006

SORTEO COTOS SALMON EN GALICIA

Prazo de presentación das solicitudes.
O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o Mércores, 18 de outubro de 2006 e rematará o 11 de novembro de 2006 ás 14.00 horas.
Número de sorteos.
En cada Servizo Provincial de Conservación da Natureza realizaranse dous sorteos, un para permisos de salmón e outro para permisos de troita, incluíndose neste último, de ser o caso, os permisos de reo, de pesca intensiva e de pesca sen morte. Deste xeito, o número total de sorteos será de oito.
Tipos de solicitudes.
Para cada sorteo, poderán presentarse solicitudes individuais ou en grupo, cun máximo de tres solicitantes por grupo. O modelo de solicitude é o que figura no anexo do DOGA do 18/10/06.Os impresos de solicitude estarán dispoñibles nos servizos provinciais de Conservación da Natureza, nesta dirección xeral ou na páxina web:
http://medioambiente.xunta.es/formularios.jsp.
Quen participe só poderá figurar nunha solicitude para cada un dos sorteos.
Presentación das solicitudes, consulta da admisión de solicitudes, resultado de sorteo e permisos disponibles.
Poderán presentarse solicitudes escritas no modelo antes sinalado ou por medio dunha aplicación informática dispoñible na páxina web:
http://www.xunta.es:444/pescafluvial
Solicitudes por escrito.
Presentaranse nun Servizo Provincial de Conservación da Natureza ou mediante calquera dos procedementos descritos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Tanto nas solicitudes individuais coma nas solicitudes en grupo, deberá figurar a sinatura de cada solicitante. Así mesmo, a cada solicitude xuntaráselle unha copia do DNI de cada solicitante. As presentadas dentro do prazo establecido pero que sexan recibidas polo servizo provincial logo do sorteo, asignaráselles un número de elección ao final da listaxe.
Solicitudes telemáticas.
Para o acceso ao formulario será necesario introducir o DNI e mais o número da licenza de pesca fluvial, a vixente ou calquera outra de anos anteriores. Para solicitudes en grupo será preciso introducir tanto o DNI coma o número da licenza da totalidade de participantes. O enderezo para notificacións será o que figura na licenza.

No hay comentarios:

 
Creative Commons License
This blog is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License