9/07/2006

IV CAMPIONATO INTERNACIONAL SURFCASTING




FECHA: 23 de Setembro de 2.006.
LUGAR: Praia de Doniños / San Xurxo - Esmelle.
HORARIO: de 20:00 H a 01:00 H.
DESENROLO:
1. Reunión dos participantes as 17:30 H no Restaurante “El Gallo” (Ctra. De Balon).
2. Sorteo de postos, explicación e entrega das normas básicas as 18:30 h.
3. No momento do sorteo entregarase bocadillo con refresco a cada participante.
4. A finalización do campionato, realizarase ó pesaxe definitivo e a continuación darase a coñecer a clasificación.
5. As 13:30 h farase a concentración para as 14:00 h entrar no comedor do restaurante.
6. Despois da comida farase a entrega de premios, trofeos e de diplomas de participación para todolos participantes e colaboradores.
BASES:
1. Os equipos estarán formados por catro participantes.
2. Na praia, cada equipo estará dividido en zoas de pesca de entre 45 y 55 metros. Cada zoa estará delimitada con cinta e cun número de posto correspondente.
3. Dentro de cada zoa de pesca terá que haber duas canas en acción de pesca como mínimo e catro como máximo.
4. Cada equipo deberá de ter como mínimo dous pescadores en acción de pesca e catro como máximo, pudindo facer cambios cando eles o estimen oportuno.
5. Cada catro horas, realizarase unha pesaxe de control no lugar de concentración, que valdrá para darlle más emoción o campionato, xa que se irá sabendo as capturas que ten cada equipo.
6. As capturas de cada equipo deberán de ser confirmadas co equipo que se encontre a su dereita, exceptuando o nº 1 que será o da esquerda.
7. Para que as piezas sexan confirmadas, haberá que cubrir as follas de control de capturas que se darán no memento do sorteo de postos. Ditas follas deberán de ser firmadas polo capitán ou calquera participante do equipo con capturas e outro participante do equipo da dereita, cubrindo ben claro a hora de captura e a hora da certificación.
darase a cada participante unha tarxeta de participación que deberá de ir dentro da bolsa das capturas de cada un para saber a clasificación da peza maior.
NORMAS XERAIS DE COMPETICIÓN:
1.- NORMAS DE DESENROLO.
1.1 – A duración da proba será de cinco horas de pesca hábil.
1.2 – A hora acordada como fin da proba, e obrigatorio o cese inmediato de todo tipo de pesca e trasladarse a zoa de pesaxe.
2.- NORMAS DE COMPORTAMENTO E SEGURIDAD.
2.1 – Prohíbese entrar na auga salvo excepcions, sempre en función das características do escenario no momento da competición. (O dirá a organización no momento do sorteo).
2.2 – A posición dos participantes, unha vez efectuado o lance, debe ser na parte seca do borde da auga, salvo excepcions.
2.3 – O lanzado, pode realizarse dende calquera posición, sempre dentro do posto de pesca, tendo sumo coidado en no molestar os demais participantes do campionato.
3.- MATERIAL DEPORTIVO.
3.1.- CAÑAS: para a pesca o lanzado, de entre 3’90 m y 5’00 m.
3.2.- CARRETES: é opcional.
3.3.- LÍNEAS: libres, tanto no seu diámetro como na súa composición.
3.4.- BAIXOS DE LÍNEA: son libres na dimensión, diámetros e composición, soamente podrán ir provistos dun máximo de tres anzois.
3.5.- NON SE PERMITE colocar nos baixos das líneas elementos olorosos nin luminosos.
3.6.- CEBOS: libres e naturais, queda prohibido o cebado das augas.
3.7.- ELEMENTOS AUXILIARES: o participante en competicions nocturnas, poderá usar fontes luminosas, tendo sumo coidado de non dirixilas hacia a auga.
4.- CAPTURAS.
4.1.- Durante a competición todalas capturas que non cumpran as medidas legais tendrán que ser devoltas o mar. E as que se presenten no pesaxe serán penalizadas (as que midan 1 cm menos da medida mínima). O resto no penalizarán pero tampouco sumarán.
4.2.- A que fose extraída por varios anzois, computarase como válida o participante cullo anzol teña enganchada a peza pola boca.
4.3.- Non se considerarán válidos os peixes manipulados ostensiblemente nin os que fosen capturados de forma antideportiva.
5.- PUNTUACIONS.
Para clasificar os resultados dos participantes na competición, serán dun punto por cada gramo de peso das capturas, mais a puntuación de cada peza.
Lubina 100 ptos.
Sargo, Lenguado, Rodaballo,y Dourada 50 ptos.
Outros 25 ptos.
6.- ADXUDICACIÓN DO POSTO.
A adxudicación do posto, farase sempre por sorteo.
7.- PESAXE.
7.1.- Darase unha hora e media para que os participantes presenten as capturas no posto de pesaxe, dando por nulo o que se entregue fora de tempo.
7.2.- O control da pesaxe efectuarase polos delegados asignados.
7.3.- Estes recollerán e identificarán cada un dos lotes.
7.4.- Unha vez depositados todos, procederase a pesaxe. A cada un se lle cubrirá unha ficha co detalle das capturas e a puntuación que lle corresponda.
7.5.- Atenderasen as posibles reclamacions que serán resoltas no momento consideraranse os resultados da proba como definitivos.

No hay comentarios:

 
Creative Commons License
This blog is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License