Dirección Técnica: Artesáns da Pesca
Colabora: Concello de Silleda
Lugar: Hostal Casas Novas, Silleda
Domingo 21 de febreiro de 2016
Hora: 10 da mañá
Premios:
1º clasificado: 250 €
2º clasificado: 100 €
3º clasificado: 50 €
A Sociedade de Caza, Pesca e Tiro de Silleda organiza o “I Concurso para iniciados na montaxe de moscas para a pesca da troita” con arranxo ás seguintes bases:
1.- Poderá presentarse calquera persoa maior de 16 anos con residencia en Galicia.
2.- A inscripción deberá realizarse remitindo unha solicitude de inscripción (nome, fotocopia do DNI, telefono e correo electrónico) ao correo electrónico julioseijas@hotmail.es, indicando uns breves datos biográficos de méritos ou experiencia na montaxe de moscas xunto con 5 fotos de montaxes propias (formato JPG en alta resolución).
3.- A organización dará a coñecer os nomes dos admitidos ao concurso e o comunicará personalmente por correo electrónico.
4.- Cada participante, nun tempo máximo de 30 minutos, deberá realizar a montaxe de dúas moscas artificiais secas: un tricóptero e outra imitación da familia de insecto que queira o participante.
5.- Cada concursante deberá utilizar os seus aparellos e materiais de montaxe (aconséllase levar lámpara propia) e na elaboración das moscas non poderán empregar elementos (alas, patas, corpos, antenas, etc) previamente dispostos ou preparados, é dicir, que deben efectuar ante a organización e o público asistente a totalidade das operacións necesarias para a montaxe total das dúas moscas.
6.- As montaxes que se realicen no concurso serán propiedade da organización.
7.- O Xurado estará composto por dous “Artesáns da Pesca” e un directivo da Sociedade de Silleda.
8.- O xurado valorará a estética, o realismo, as proporcións e a terminación das montaxes e levará a cabo as deliberacións e as votacións descoñecendo a identidade dos participantes.
9.- O fallo do xurado, que será inapelable, darase a coñecer o mesmo día na entrega de premios.
10.- O prazo de inscripción estará aberto dende o 1 de decembro de 2015 e pecharase o 31 de xaneiro de 2016.
No hay comentarios:
Publicar un comentario