11/02/2015

PASARELAS NO FURELOS






Hoxe demos por rematado a realización dos pasos de pescadores e pasarelas no couto do río Furelos. Traballo que empezamos fai unhas semanas xunto con labores de rozas e apertura de postos de pesca, estes últimos ainda teñen continuidade nos próximos días, pois falta dende Gúillar ata Fraga (Toques).
   Foi unha necesidade que nos atopamos mentras estamos abrindo o camiño para salvar as dificultades orográficas que nos presentan os afluentes do Furelos, nalgunhas ocasións de 1,5 metros de altura e de 4 a 9 metros de largo.
   Ainda así, tamén somos quén de recuperar os pasales centenarios de pedra de Os Pereiros que foi destrozada polas enchentas do último ano.
   A labor dos voluntarios foi ardua, entusiasta e incansable. Incluso chovendo non escatimaron esforzos e foi posible realizar seis de entre 4 e 6 metros, sendo a de o río de Vilamor ou Pasarela do Chacho de 9 metros a derradeira.
Sempre se utilizaron materiais do entorno do río,  agás as táboas dos pasos que son de castaño, por ser máis resistente e polo que son completamente artesáns.
   Non podemos deixar de agradecer os voluntarios e veciños a súa colaboración e a nosa gratitude polas facilidades dadas.




Melide  28 de outubro de 2015



Asdo: Xavier Pazo Blanco


Presidente Asociación Troiteiros Río Furelos

No hay comentarios:

 
Creative Commons License
This blog is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License