Narón a 14 de Maio de
2013
Coma xa
hai 19 anos que empezou a súa singladura o XIX
TROFEO CIDADE DE NARON DE PESCA xa está eiquí, a data de celebración ó
igual que en edicións anteriores será o día 17 de Maio , Día das Letras
Galegas , no entorno do couto que esta sociedade xestiona xunto có Servizo
de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente : O couto
troiteiro de Xubia .
O programa de actividades
será o seguinte:
ñ 7:30 Xuntanza no Bar Os Rubios (Volta
do Poulo-Neda)
ñ 9:00 Inicio do Campionato
ñ
13:30-13:45 Fin da competición, entrega de capturas e pesaxe na Area
Recreativa de Muiño do Chao (Pedroso)
A actividade rematará cunha comida de confraternidade que terá lugar no
restaurante A Trsanquesa na Feira do Trece (Sedes)
Finalizada a mesma procederase á entrega de trofeos.
Recórdase a
tódolos pescadores da comarca a posibilidade de inscribirse coma participante e
de acudir con acompañante
Dado que as prazas son limitadas ós 30 pescadores que ten de aforo o couto
troiteiro , rogamos que se poñan en contacto con nós o antes posible para
tramitar a súa inscrición , que coma todos os anos será preferente para os
socios, aínda que aberta ó resto de pescantíns .
Recordamos que o horario de
oficina do local social é de 20.00 a 21.00 h. os venres ; o noso tel-fax é 981 387809 ou mediante o correo electrónico
arrotreba@gmail.com
Tamén se pode contactar coa organización do concurso nos tel mobiles:
615055041 e 618766262
Adxuntamos cartelería do evento.
Atentamente,
o presidente .
ELOI
SAAVEDRA VIDAL
No hay comentarios:
Publicar un comentario