4/15/2013

X CAMPEONATO DE PESCA FLUVIAL CONCELLO DE ROIS


 Organiza: Club de Pesca Deportiva LONDRA.
14 – 04 – 2013.
         O pasado domingo disputouse o “X Campeonato de pesca Fluvial Concello de Rois” que organiza o Club LONDRA.
         Amaneceu un día soleado, despois dunha longa tempada de choiva que mantiña o nivel dos ríos Rois bastante alto, pero nunhas condicións explendidas para a práctica da pesca. Logo dos pormenores de rigor antes de comenzar una proba deportiva, como son a entrega de dorsais, sorteos e o correpondente avituallamento, dirixironse os 31 participantes que tivo a proba, ao couto de pesca de Rois, que abarca os ríos Rois e Valeirón, esceario da mesma.
         Transcurreu o campeonato con total normalidade, alternándose as capturas nas duas mangas das que se compuxo o mesmo, facendo un total de vinteoito troitas válidas e trintaeoito que non alcanzaron a medida estipulada, o que fan un total de sesenta e seis troitas capturads, tanto unas como outras foron devoltas a auga, xa que a proba se disputou na modalidade de pesca sin norte.  Logo de finalizar as duas mangas de pesca, procedeuse a entrega de plicas e a elaboración da clasificación, que arroxou o seguinte resultado:

CATEGORÍA SENIOR:

1º. Ramón Bernardez Carril.
2º. Javier Torres Precedo.
3º. Jesús Canicoba Francos
4º. José Otero Reboredo.


CATEGORÍA DAMAS.


1º. Jessica Moldes Ojea.
2º. Carlota Guimarey Pérez.
3º. Melanie Gestoso Rey.
4º. Cecilia Aboy Fabeiro.
5º. Nieves Iglesias Carrera.

CATEGORIA XUVENIL.


1º Ricardo Pereira Gómez.
2º Jesús Canicoba Aboy.
3º Alejandro Blanco Otero.
4º Alberto Torres.


Fixose co Trofeo “Cucharillas EDU” a captura da peza maior, Jesús Canicoba Francos, con unha troita de 29cm.
Logo de rematar a elaboración da clasificación, celebrouse o tradicional xantar de confraternidade, onde no transcurso do cal se entregaron os premios os gañadores e se sortearon os agasallos donados polas casas comerciais. Así mesmo o Club Londra entregou sendas distincións na celebración do seu décimo aniversario, a tres profesionais da comunicación, Cristina Botrán, xornalista corresponsal de El Correo Gallego, Miguel Piñeiro,  xornalista, escritor e director do programa Rios e Montes da Radio Galega, Alberto Torres, escritor, xornalista de El Ideal Gallego e director do xornal de pesca deportiva Trueiro e o Xuíz Árbitro da F.G.P. e da F.E.P, webmaster de surfcastingmaster.blogspot.com, Luis Piñeiro Miras, agradecendo de esta maneira a colaboración de estes medios e a difusión das actividades que este Club levou a cabo durante estos dez anos de existencia.
         O Club LONDRA, quere agradecer especialmente a todas as firmas e casas comercias, a atención e a colaboración que prestaron donando agasallos así como tamén os  patrocinadores principales do evento como foron, Bersán Automoción, que visteu con una gorra e una camiseta a todos os participantes e a Cucharillas EDU, que surteu de cucharillas sin norte a todos os pescadores. Agradecer tamén a presenza do Concellal de Medio Ambiente do Concello de Rois e a Guardería privada do Couto de Rois e a de Medio Ambiente que velaron polo normal transcurso e desenrrolo do campeonato, así como a todos os medios de comunicación que estiveron cubrindo o evento para dar cumprida información do acontecido.


        

No hay comentarios:

 
Creative Commons License
This blog is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License