Como
tódolos anos xa está eiquí o inicio do curso da escola de pesca a mosca da
Sociedade de Caza e pesca Xuvia.
Comenzará
a súa andaina coa presentación este venres 22-2-2013 no que vai ser a sé deste
curso de pesca, o centro de maiores ''Manuela López Sequeiros'', sito no Alto
do Castiñeiro, fronte ó novo Auditorio municipal de Narón.Hai que agradecer ó
Concello de Narón, e sobre todo á concelleira de Deportes Natalia Hermida as
xestións para o uso dun local dotado de material audiovisual e espazo adecuado
para este curso.
As
xornadas terán lugar tódolos venres de Febreiro, Marzo e Abril en horario de
18:00 a 22:00.
O
director técnico vai ser Alberto Mera e estará asistido por Eloi Saavedra como
profesorado.
O
contido do curso amoldarase ó alumnado, de forma que os alumnos de anos
anteriores terán unha extensión de contidos sobre todo na montaxe de
artificiais, e a xente que acuda poir primeira vez, poderá ter atención
persoalizada no tocante ós rudimentos de montaxe, materiais de pesca e lanzado.
Tamén veremos contidos de pesca a mosca no mar, tanto no tocante as especies de
ría como as de mar aberto e incluso tropicais.
Se
necesitades algunha aclaración no cartel adxunto hai dous teléfonos de contacto
para que o profesorado vos teña informados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario