11 – 02 – 2012.
Con unha participación de trinta e cinco persoas, o Club de Pesca Deportiva LONDRA de Rois, levou a cabo este pasado sábado a primeira das limpezas e retirada de residuos nos ríos de Rois. Levouse a cabo esta xornada no río Rois, no tramo que abarca parte do couto de pesca do mesmo nome, e que este Club ten consorciado coa Xunta de Galicia.
Por noveno ano consecutivo, dende a sua fundación, o Club LONDRA, reúne os seus Socios e persoas que se sinten identificadas con esta iniciativa para levar a cabo esta labor, unha labor moi costosa nos inicios e que ahora, logo de nove anos retirando lixo dos ríos, se converten estas xornadas nunha reunión para o disfrute nas marxes dos ríos de Rois de todos aqueles que participan nesta actividade, xa que a cantidade de lixo que se recolle, é menor cada ano que pasa.
Aínda que a cantidade que se retira é menor, sempre cabe destacar algún obxeto que chama a atención por encontralo no río o nas suas marxes, como foi nesta primeira xornada, entre plásticos e alguna que outra botella, retirouse tamén do cauce un barril.
Retiraronse uns cento cincuenta kilos, a maioria pequenos plásticos e botellas, quedando o cauce e marxes do Rois en perfecto estado para acoller a pescadores e senderistas.
Por outro lado cabe destacar e de paso manifestar a repulsa do Club LONDRA contra o furtivismo, pois os participantes retiraron sete sedais durmintes, preparados para pescar, incidencia que se puxo en coñecemento da garderia para que tomen as medidas oportunas.
Cada ano que pasa O Club LONDRA, fai unha valoración moi positiva e despois de nove anos xa se poden apreciar os resultados do traballo, tanto de campo como de concienciación veciñal, que pasaron de vivir de costas o río, a aprecialo e a coidalo.
Logo de rematar, os participantes reunironse na Taberna “O Pemento” de Seira, para reponer forzas con unha copiosa merenda, xentileza do Club organizador.
O Club LONDRA, agradece a todos os participantes a súa colaboración, entre os que se encontraban tamén Socios do Club de Pesca W.Latorre e da Sociedad de Caza e Pesca de Padrón, así como as empresas Destilerias Compostela e Citroen Bersán Automoción.
A próxima xornada, será o vindeiro sábado 25 de febreiro, para afrontar a limpeza do río Valeirón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario