6/29/2011

Decatado un erro na competición de Mar-Costa

Decatado un erro na competición de Mar-Costa, polo cal se viña incumprindo un acordo tomado en Asemblea Xeral do ano 2009, que consistía en que o Selectivo de Mar-Costa pasase de estar formado por oito deportistas, máis os catro ascendidos do Autonómico a doce máis os ascendidos, corríxese desta maneira: para o vindeiro Selectivo 2012 participarán os catro deportistas descendidos do Autonómico 2010, os catro descendidos do 2011 e os catro ascendidos do 2011 acompañados, evidentemente, dos oito que xa están. Nese Selectivo 2012 baixarán oito. Os clasificados do 13º ao 16º posto  teñen praza no primeiro Autonómico que se faga despois do Selectivo no que perdan a categoría. Deste xeito o Selectivo quedará formado por 12 deportistas, máis os catro que suban cada ano do Autonómico e, os que perderon a categoría por mor do erro, non quedan fóra sen opcións a recuperar a categoría. Despois voltarán a baixar catro cada ano que, como tamén foi acordado en Asemblea Xeral do ano 2010, terán praza no primeiro Autonómico que teña lugar despois do Selectivo no que perdan a categoría.
  
Saludos
José Manuel Fernández Rodríguez
607927581   delegadocoruna@fgpesca.org
Delegado F.G.P.      A Coruña

No hay comentarios:

 
Creative Commons License
This blog is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License