4/20/2010

ALEGACIONS O EMBALSE DO NAVIA

Enterados da pretensión da creación dun novo embalse no Navia (Oficial de la Provincia de Lugo (BOPA) de 30 de marzo de 2010) nun dos poucos tramos que permanecen discorrendo libres nese río entendemos que os pescadores fluviais deberíamos ser a punta de lanza da oposición a este proxecto.
Desta maneira e en colaboración coa Sociedade Río Navia imos opoñernos a esta barbaridade medioambiental.
Polo tanto se propón loitar coas súas armas a xogar a baza da legalidade.
O noso propósito é xerar unha crítica social en forma de alegacións que non poida ser silenciada pola administración hidráulica (no caso a  CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA DEL CANTABRICO).
Desta maneira  adxuntase un escrito de alegacións  en formato .doc no que tanto os cidadáns de maneira individual, como as asociacións, poden facer valer as alegacións que nela se conteñen.
Soamente teríades que encher os campos de Nome, domicilio de notificación e asinar.
Aparte este trámite permítenos ser parte interesada do expediente, có que si nos movemos e conseguimos mandar  8-10.000 alegacións a maquinaria administrativa vai levar un parón, e por suposto o responsable da Confederación terá que explicar a nivel político como vai solventar este rexeitamento social.
A maneira de facelo chegar é simple: Basta con rexistralo en calquera organismo público (o portelo único neste caso favorécenos) ou facelo chegar por fax  ó ñº 985968405 ou por correo electrónico dirixido a registro.general@chcantabrico.es ; No caso do email para que dita comunicación sexa valida o correo deberá ir firmado dixitalmente e os datos de dita firma coincidir cos datos do solicitante e/ou representante.
Esperamos a vosa implicación para salvar o Navia.
A ver que damos feito.

No hay comentarios:

 
Creative Commons License
This blog is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License