2/10/2010

NOTA DE PRENSA

A Dirección Xeral de Conservación da Natureza, da Consellería do Medio Rural, presentará o próximo día 10 de febreiro, a partir das 10 h., no Hotel Os Abetos de Santiago de Compostela, a creación do “Observatorio galego de investigación sobre peixes migradores anfihalinos” e os primeiros resultados do proxecto de investigación sobre o estado de conservación da lamprea mariña nos ríos de Galicia.

Ambos proxectos son froito da colaboración coa Estación de Hidrobioloxía “Encoro do Con” da Universidade de Santiago, e o seu desenvolvemento da cumprimento ás directrices da Unión Europea en materia de conservación e avaliación do estado ecolóxico das poboacións de especies con protección legal.

A xornada de presentación será inaugurada polo Director Xeral de Conservación da Natureza, Ilmo. Sr. D. Ricardo García-Borregón Millán e nela intervirán o Dr. Fernando Cobo, Director da Estación de Hidrobioloxía da USC, D. Pablo Caballero, coordinador dos traballos por parte da Consellería do Medio Rural, e os prestixiosos especialistas en bioloxía de peixes migradores do INRA (Institut National de la Recherche Agronomique) de Rennes (Francia) o Dr. Jean-Luc Baglinierè e o Dr. Richard Sabatié.

A asistencia é libre e contarase cun servizo de tradución simultánea.

No hay comentarios:

 
Creative Commons License
This blog is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License