6/09/2009

CAMPIONATO AUTONÓMICO SALMONIDOS LANCE, 2009

Día 14 de xuño de 2009
Concentración: Parrillada San Pedro
San Pedro de Mor, 18 Correlos (Alfoz) Lugo ás 7.00 horas
BASES DE COMPETICIÓN

1- CANAS: Serán de libre utilización sen exceder de 366 cm.(12 pés).
2- CARRETES: de bobina xiratoria e recollida manual ou automática.
3- LIÑAS: Cola de rata de calquera composición ou forma das habituais do mercado, cunha lonxitude mínima de 22 metros.
4- PERMÍTESE: O uso de liñas flotantes e de afundimento.
5- NON SE PERMITE: As cabezas disparadoras ou lanzadoras. Engadir pesos e dispositivos ou materias flotantes a liñas as de pesca, nin indicadores de picada, nin sinalizadores con nós, nin uso de liñas de corpo plomeado.
6- BAIXOS DE LIÑA: Sinxelos, de calquera lonxitude, anoados ou sen nós e cónicos ou cilíndricos. Non se poderán engadir ao baixo de liña mecanismos de afundimento ou flotación. Os baixos de liña non poden ter elementos adicionais adheridos ao mesmo que sexan distintos dos codais que soporten os artificiais. Estes codais deberan ir fixados ao baixo de liña, anoados ao mesmo ou mediante microargolas,
sen sobrante ningún e deberán ter unha lonxitude mínima de 5 cm. -dende o baixo de liña ata a argola ou paleta do artificial empregado: mosca, estrímer -. Os codais dos artificiais fíxanse ao baixo liña de modo que non poidan deslizarse ao longo deste.
7- CEBOS. ( MOSCAS): Autorízanse o estrímer e as moscas artificiais flotantes ou afundidas que imiten calquera das fases do ciclo vital do insecto imitado (larva, ninfa, sub-imago, e imago) montadas sobre anzois simples e sen morte.
8- PERMÍTESE: As moscas lastradas sempre e cando o lastre quede oculto polo revestimento que debe imitar algunha parte morfolóxica ou formar parte da súa estrutura. O revestimento por pintura non se considera como tal. Autorízase unha única perla ou boliña visible cuxa dimensión máxima non exceda de 4 mm. Un máximo de tres moscas. Cando se utilice máis dunha, a distancia mínima entre moscas será de 50 centímetros medidos cando estas colguen libremente.
9- NON SE PERMITE: As que desprendan colorantes ou olores. O anzol con arponciño. Son válidos os anzois que teñan totalmente inutilizado o arponciño de modo que non ofrezan resistencia ningunha ao desanzolado.
10- Incluirase unha Terceira manga compensatoria en función do número total de capturas.
11- Para o non referenciado nestas bases estarase ao contido no Regulamento de Competición da FEP y Cásting.

H O R A R I O

07.00 horas concentración Parrillada San Pedro
07.15 horas sorteo de postos
08.00 horas comezo se la 1 fase de la 1 manga
10.00 horas fin de la 1 fase de la primeira manga
11.00 horas comezo de la 2 fase de la primeira manga
13.00 horas fin de 2 fase de la primeira manga
13.00 a 13.30 horas entrega de plicas
13.30 a 14.30 horas comida Parrillada San Pedro
15.30 horas comezo 1 fase de la segunda manga
17.30 horas fin de la 1 fase segunda manga
18.30 horas comezo 2 fase segunda manga
20.30 horas fin de 2 fase segunda manga
20.30 a 21.00 horas entrega de plicas
21.30 horas entrega de trofeos.

No hay comentarios:

 
Creative Commons License
This blog is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License