4/13/2009

VI CAMPEONATO DE PESCA FLUVIAL CONCELLO DE ROIS












Poucas capturas no Couto de Rois, que sigue a tónica xeral de todos os coutos galegos, moi baixo de caudal e cas augas moi frias o que fai que as pintonas non se movan.Coa climatoloxia adversa, moito frio, choiva e incluso saraiva , o venres día 10 de abril celebrouse o VI CAMPEONATO DE PESCA FLUVIAL CONCELLO DE ROIS. Celebrouse este no Couto de Rois, couto que ten consorciado o Club de pesca deportiva LONDRA da mesma localidade. As 7 da mañán concentraronse no Bar O Pemento de Seira os 28 participantes previamente inscritos. O campeonato disputouse na modalidade de lance e con pesca sen morte, logo do sorteo de quendas e emparellamento dos pescadores, estos partiron hacia o esceario da proba onde ás 8:00 daba comenzo a mesma, tendo os da primeira quenda duas horas para intentar facerse con algunha captura. Logo do pertinente descanso para tomar un refrixerio e intercambiar os controles, partiase de novo hacia o río para disputarse a segunda quenda que daría comenzo ás 11:00, tendo de novo outras dúas horas. Rematado o campeonato ás 13:00, os participantes tiñan 30 minutos para entregar as súas plicas no Bar O Pemento onde se levou a cabo o control de capturas que arroxou un total de 12 troitas e que daba paso a seguinte clasificación na categoría Senior.

1º- JOSÉ LUIS BLANCO GONZÁLEZ.
2º- JOSÉ EIRAS RODRÍGUEZ.
3º- JOSÉ MARÍA BLANCO OTERO.
4º- MANUEL REY RODRÍGUEZ.
5º- JOSÉ DEL RÍO SOMOZA.
6º- TOMÉ MANUEL CRISTOBO PÉREZ.
7º- MANUEL AYUDE PEREIRA.
8º- JOSÉ MANUEL REY ALVELA.
Na categoría Damas, ALBA CASTRO BELLO foi a única participante.
Na categoría de Xuvenís. EDUARDO SECO VELO E MARTÍN SECO VELO.
A peza maior foi capturada por JOSÉ LUIS BLANCO GONZÁLEZ, unha troita de 38 cm.
Clausurouse o campeonato con un xantar no Restaurante Pardal no que participaron medio centenar de persoas entre competidores e aficionados a pesca que quixeron acompañar a estes un ano máis e onde no transcurso do cal se fixo entrega dos trofeos os gañadores por parte das autoridades presentes e se sorteou diverso material de pesca entre os participantes. O Club LONDRA agradece a colaboración das diversas firmas comerciales de Padrón, Santiago de Compostela, Puente Cesures, Boiro, Noia, A Coruña e Rois, que fixeron posible dito evento así como ós medios de comunicación que se fixeron eco do mesmo.
FOTOS CLUB LONDRA

No hay comentarios:

 
Creative Commons License
This blog is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License