2/10/2009

MEDIO AMBIENTE E OS CONCELLOS RIBEIRENSES DO SAR UNEN OS SEUS ESFORZOS PARA A RECUPERACIÓN DO RÍO, QUE CONTARÁ CUN CORREDOR CONTINUO

"Creereino cando o vexa, ¿Seran capaces de facer que Santiago deixe de mandar cultura polo rio? (Surfcastingmasters)"

As iniciativas están encamiñadas a unha recuperación da calidade de auga do río e do seu contorno antes do 2011. A senda, peonil e para bicicletas, percorrerá todo o longo do río, no que se acondicionarán tamén zonas de lecer e se recuperarán elementos etnográficos. A calidade das augas do Sar depende, en gran medida, da construción da depuradora de Santiago e da eliminación de puntos de vertidos, nos que xa se está traballando. O orzamento estimado de preto de 25 millóns de euros será financiado de forma mixta entre a consellería e os concellos.
Santiago de Compostela, venres, 6 de febreiro do 2009


A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e os seis concellos polos que discorre o río Sar coordinarán as súas accións de recuperación do río e o seu contorno para conseguir o reto de que en 2010 e 2011 estea saneado e recuperado para o seu uso social. Neste sentido, o presidente de Augas de Galicia, Jorge Santiso, reuniuse hoxe cos representantes dos concellos de Ames, Brión, Dodro, Rois e Santiago para abordar a construción dun corredor continuo dende o nacemento do río en Compostela ata a súa confluencia co Ulla, nas brañas de Laíño.

O corredor do Sar contará cunha senda peonil e para bicicletas e se estenderá á beira do río ao longo duns 40 quilómetros, nos que tamén se recuperarán elementos etnográficos, como muíños e pontes. Santiso explicou que, dentro das diferentes actuacións que concellos e Medio Ambiente levarán a cabo de xeito coordinado, está a de acondicionar zonas de lecer.

Ademais, iniciarase unha recuperación da vexetación de ribeira do río, que foi tallada para o aproveitamento das marxes inundables como campos de cultivo, explicou Santiso. Non obstante, o presidente de Augas de Galicia indicou que este “proxecto complexo” de acondicionamento pasa por a mellora da calidades das auga do río. Isto, sinalou, xa está encamiñado ca construción da estación de augas residuais (EDAR) que dará servizo á cidade de Santiago.

Tamén ca fin de mellorar a calidade das augas do Sar, a Consellería de Medio Ambiente está traballando xa na eliminación de puntos de vertido e na limpeza das marxes do río e da canle, labores que se intensificarán a medida que vaia diminuíndo o seu caudal. Estas iniciativas van ser integradas no proxecto co saneamento dos núcleos rurais próximos ao río.

Todas estas accións están encamiñadas a devolver o río Sar ao estado que tiña antes de soportar a presión demográfica e social dos últimos anos, apuntou Santiso.

Representantes da consellería e dos concellos reuniranse de forma periódica para facer un seguimento e coordinar todas as accións, que poderán partir tanto da administración local como autonómica. O proxecto ten un custo estimado 25 millóns de euros, que terá un financiamento mixto entre as diferentes partes implicadas.
Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento SostibleGabinete de Comunicación
Tlf: 981 541722 / 981 957493 Fax: 981 541714

No hay comentarios:

 
Creative Commons License
This blog is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License