O pasado sábado 14 de febreiro, os Socios do Club LONDRA de Rois, afrontaron a II Xornada de limpeza dos ríos de Rois nesta tempada. Neste caso tocoulle ó río Valeirón, un río que presenta unha imaxe típica da paisaxe galega, coa maioria dos seus muiños restaurados e amosando o seu pleno esplendor nesta época do ano.Os Socios de LONDRA retiraron toda clase de refugallos esparcidos no leito e contorno deste río, notándose de ano en ano que vai a menos o lixo que se retira. Durante dúas horas e por parellas, deron retirado uns 4oo kilos de lixo, de non ser por unha roda de tractor e unha bañeira de baño, non se acadarían os 400 kilos de lixo retirado, pois nesta zona o traballo agrícola e o coidado dos prados que ten o Valeirón nas súas marxes, favorecen o traballo de limpeza dado que os propietarios manteñen perfectamente acondicionadas as marxes do río.Con respecto á retirada dos dous obxetos máis voluminosos que se encontraron no río (unha bañeira de baño e unha roda de tractor), recordálle o Club LONDRA aos irresponsables que deixaron esto no río, que existen puntos limpios onde recollen esta clase de residuos, pois o dano que se fai é bastante, tanto a natureza como os que ano tras ano adican dúas xornadas a limpar os ríos de Rois, pois o peso de ditos obxetos, ten unha complicada retirada do leito do río.O Club LONDRA agradece a súa colaboración a todos os que participaron nestas xornadas de limpeza, deixando o Couto de Rois preparado para a intensa tempada chea de eventos deportivos que se disputarán neste couto e para o comenzo da tempada de pesca que será o vindeiro 15 de Marzo.
Gammarus natural
Hace 1 hora
No hay comentarios:
Publicar un comentario