1/27/2009

O TEMPORAL NO XUVIA

Logo do fin de semana que vimos de pasar, estanme a pasar unha serie de sentimentos contradictorios.
Pon unha banda é claro que coma conservacionistas ben entendidos non podemos queixarnos do que nos depara Gaia.
Por outra, non podemos por menos que lamentar, no primeiro as perdas humanas que conlevou este temporal.
Noutra orde de cousas e xa metidos en fariña, temos que analisar o sucedido en rios coma o Xuvia.
Cunha evaluación somera de danos o sucedido no couto de pesca de Xuvia é o seguinte:
· Ó longo duns 820 m, entre a Volta da Pena e a desembocadura do Regato de Prados a destrucción da vexetación de ribeira (en gran parte por obra da caida de pezas de madeira dos eucaliptales colindantes) é case total na marxe esquerda e existen grandes danos na marxe dereita. As árbores caidas colapsan o cauce e comenzan a cosntituirse en pequenas presas que á súa vez incrementan a erosión sobor dos tocones das xa caidas.
· Noutros 940 m, que se corresponden cós tramos que van dende Fonte do Galo (augas arriba da presa da antiga piscifactoría) ata a Volta da Pena e dende a desembocadura do Prados ata a Presa do Rei, os danos son importantes, entendendo coma tal que existe unha arbore de ribeira danada cada 20 m, ainda que o porcentaxe de arborado caido sobor do cauce é moito menor.
Dende esta sociedade sempre defendemos que o río, coma paisaxe cultural que é (guste a quen guste), sempre tivo un mantemento tradicional que se extendía ó longo do ano. Cada propietario cuidaba da súa marxe, rapando as silvas, aplomando as árbores, cortando as secas e talando tamen as de grande tamaño (no final da sáu vida vexetativa), sobor de todo as vencidas cara ó río.
Este sistema cultual non lle gustou ós nosos técnicos medioambientais, especialmente ós de augas de Galicia, e durante un par de décadas empeñáronse en desterralo a base de sancións e amenzas veladas ós propietarios.
E as consecuencias, agravadas pola sustitución da vexetación de ribeira colindante por monocultivos de eucalipto, xa están eiquí. E precisamente os danos prodúcense onde menos presión habería que aplicar sobre a biomasa da beira do cauce, porque esta zona é totalmente un médio léntico (é o inicio das augas paradas da Presa do Rei) e a perda da coberteira vexetal pode supor un aumento non asumible das temperaturas na época estival
No caso do Xuvia os danos son claros, ainda que estamos en período inicial de avaliación dos mesmos.
Polo visto noutras partes do couto parecen de menor entidade e non superan ós dun temporal común, pero espero que esta leción da natureza nos faga reflexionar.
Esperando que no resto de Galiza os danos foran menos dos que nos tocou vivir a nos e que este artigo faga reflexionar a moitos sobor da encrucillada sen camiño á que estamos a conducir ós nososo ríos por desprezar o saber tradicional dos nosos antepasados.
Animo dende estas liñas ó resto de responsables de sociedades a que compartan con nós a avaliación de danos que tiveron lugar nos seus cauces mais cercanos para facernos unha idea de que magnitude acadou este tema en toda Galiza.
Por outra banda esperamos que os traballos de acondicionamento e retirada de vexetación caida no cauce que está a levar a cabo a compañía Tragsa nas datas presentes, sexan dotados de maquinaria adecuada e do persoal necesario para rematar os mesmos no período de tempo mais curto, non suspendendo os mesmos en ningún caso ou deixando o desastre tal, por non ser abordable cós medios actuais.
Perdoade pola calidade das fotos pero o día de onte tiña unha luz desatrosa para a fotografía.















1 comentario:

Josiño dijo...

Fai pouco tempo que estiven por esa zona. É unha mágoa que o temporal castigara tanto ese lugar. Cando fixeron a nova escala xa se causaron bastantes problemas.
En fin, é a peor cara da natureza.
Un saúdo.

 
Creative Commons License
This blog is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License