9/23/2008

REUNIÓN EN EL PAZO DE TOR PARA SOCIEDADES

Coma saberedes a principios deste ano (15 e 23 de Febreiro) un grupo de sociedades xuntámonos en Monforte, no que se deu en chamar a Reunión de Tor.
Ó longo da mesma o conxunto de sociedades alí presentes falamos sobre o desastre en que se están a convertir os nosos ríos dende o punto de vista da calidade ambiental.
E tódolos presentes estivemos de acordo en tomar un período de reflexión para asimilar o que alí se falou, comunicarllo ás nosas sociedades, e posteriormente xuntarnos de novo para determinar os compromisos institucionales que íamos tomar para comenzar unha loita sin treguas na defensa da calidade das nosas augas fluviales.
As intervencións principais centráronse nos seguintes puntos:
1. A calidade das augas fluvias galegas debe ser un obxectivo irrenunciable para as sociedades de pesca
2. Deberemos constituirnos coma un grupo de presión para que este obxectivo se cumpla
3. Constituirase por parte das sociedades un fondo de resistencia económico para que as sociedades que estean en procesos xudiciales en contra de empresas ou organismos que atentan contra a calidade fluvial non queden sen recursos
4. Para dar cobertura a todos estes fins constituirase unha agrupación de sociedades de pesca (ou a denominación que se considerare oportuna), con entidade xurídica con sede social no Pazo de Tor, ubicación suxerida polr Sr Bobadilla, Director-Xerente da Fundación Centro Superior Cinexético e Piscícola de Galicia
De maneira complementaria falouse que esta elección de sede social implicaría que as sociedades poderán utilizar as instalacións de Centro como escenario deportivo social, así como a implementación da Xunta de Homologación de trofeos de Galicia.
O motivo da presente comunicación é facervos un chamamento para reunirnos de novo e continuar có camiño que abrimos uns poucos no mes de Febreiro, e que tratamos de que non se perda no silencio.
Polo tanto pregaríavos que para manter unha nova xuntanza, que penso que se debería de celebrar ó longo do mes de Outubro, expuxerades a vosa proposta de data para a mesma.
En principio poidovos adiantar que imos dispor, mercede ás xestións do Sr Bobadilla, dunha sala de reunións nun céntrico hotel de Santiago de Compostela.
Polo tanto prégovos non só que respostedes á enquisa da data de celebración, senon que lle fagades chegar ó maior nº de sociedades de pesca posible esta comunicación mediante un reenvío.
A posteriori, e en función das datas mais sinaladas por todos vos, mandarásevos unha convocatoria esta vez a data pechada. Esta terá carácter aberto, se ben quero que teñades en conta, que os temas que se traten irán en torno á defensa da calidade das augas fluviales de Galicia.
Esta reunión non é a favor nin en contra de niguén que estea no escenario da pesca fluvial galega, pero os pescadores recreativos galegos non podemos permitir por mais tempo o deterior dos nosos ríos, nin que os causantes do mesmo non leven o seu castigo.
Espero a vosa contestación o mais antes posible.
No entanto recibide unha forte aperta.
Narón a 22 de Setembro de 2008

No hay comentarios:

 
Creative Commons License
This blog is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License