7/03/2008

CAZA E PESCA GALEGA, GRATIS PARA OS FEDERADOS

Froito do Convenio do 2008 con Medio Ambiente, Federación Galega de Caza e Federación Galega de Pesca a revista mensual CAZA E PESCA GALEGA distribuirase gratuitamente aos federados das anteditas federacións, para o cal será preciso que facilitedes os datos (bases de datos, excel, etc), cos enderezos actualizados dos federados ao correo da revista que figura ao pé deste comunicado, autorizándoos a usar eses datos unicamente para a recepción nos seus respectivos domicilios da REVISTA CAZA E PESCA. Se existisen grupos familiares redúcese a recepción a un único exemplar, para o cal unicamente facilitaredes os datos dun dos membros da familia que comparta domicilio.
Quede ben claro que é unicamente para socios federados e é exclusivo, de outro modo poderíase imcumprir a Lei de Protección de Datos.
A revista xa sería a deste mes, ou sexa que andade lixeiros...


Correo -e de recepción de datos e de autorizacións dos presidentes das sociedades e clubs:
aarrojo@orballo.net

Un cordial saúdo

Pedro Manuel Romarís Pereira

Presidente

No hay comentarios:

 
Creative Commons License
This blog is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License