5/05/2008

LONDRA NA FESTA DA TROITA DE OROSO 2008

MARIA MANUELA FREIRE PAZOS CAMPEONA NA CATEGORIA DAMAS E CUARTA NA CLASIFICACIÓN XERAL.


JOSE MARIA BLANCO OTERO CAPTUROU A PEZA MAIOR. AMBOS MEMBROS DO CLUBE DE PESCA DEPORTIVA LONDRA DE ROIS.



Ano tras ano e fieles a cita de Sigüeiro, os representantes do Club LONDRA de Rois, destacanse neste concurso de pesca. María Manuela Freire Pazos foi a gañadora en categoria Damas e ademais fixose coa cuarta posición na clasificación xeral do concurso presentando seis troitas no control de pesaxe, mentras que José María Blanco Otero consigueu a peza mais grande, unha troita de 32 centimetros. Ante un millar de persoas que abarrotaban o recinto feiral, recibiron os premios de mans das autoridades presentes, entre as que se encontraban o Concellal de Medio Ambiente e o Teniente de Alcalde do Concello de Rois, os cales felicitaron os premiados, loubando os éxitos e a participación deste Clube que da a coñecer o Concello de Rois por toda a Comunidade Autónoma no mundo da pesca deportiva, logrando numerosos éxitos o longo da tempada de pesca en todas as súas categorias.


A directiva do Clube felicita os premiados e anima a participar cada vez mais activamente a todos os seus asociados nestes eventos, promocionando así a pesca deportiva. Tamén agradece o trato recibido por parte da organización, que ano tras ano mellora considerablemente.
A próxima cita será o día 11 de maio no VII Campeonato de pesca Concello de O Pino.

No hay comentarios:

 
Creative Commons License
This blog is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License