2/18/2008

REMATE DE LA CAMPAÑA DE CONCIENCIACIÓN MEDIOAMBIENTAL DE LA ASOCIACIÓN DE TROITEIROS RIO FURELOS

A Asociación de Troiteiros Río Furelos, remata coa intensa campaña de concienciación medioambientalc un último acto no CEIP nº 1 de Melide. Recordar que esta campaña iniciouse no mes de novembro cunha exposición fotográfica acompañada dunha conferencia no Multiusos, continuou coa exposición ó aire libre nas rúas e prazas de Melide e despois de pasar polos colexios de ensino CEIP Martagona, CEIP Mestre Pastor Barral, tocoulle o turno o CEIP nº 1 de Melide o día 14 de febreiro.Trala exposición fotográfica pertinente, proxectaronse os documentos audiovisuais das Xornadas de Limpeza e do Desastre do río Catasol.

Os alumnos fixeron as preguntas pertinentes, interesandose unha vez polas causas e consecuencias do mesmo e mostraron gran interés en poder axudar e colaborar para erradicar entre todos esta lacra.

Nesta ocasión, a charla foi levada a cabo polo vocal de Medioambiente Xan Pérez e polo Vicesecretario Carlos Lamas, que mostraron unha vez vez máis a súa sorpresa pola gran acollida que tiveron por todo o mundo.

Xavier Pazo, presidente do colectivo agradece a colaboración prestada a todos e o interes e implicación mostrado polo alumnado, profesores e empresas, sin os cales sería imposible facer esta campaña, xa que non fan máis que recibir mostras de solidaridade e ánimo.

No hay comentarios:

 
Creative Commons License
This blog is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License