11/22/2007

CAMPAÑA DEFENSA DO MEDIO AMBIENTE I

Na charla informativa de exposición da CAMPAÑA DEFENSA MEDIO AMBIENTE, iniciada hoxe podense ver 25 carteis con máis de 200 fotos nas que se recolle dende o inicio do verquído no río Catasol o pasado 11 de setembro ate a visita das autoridades do Concello de Melide e o Delegado de Medio Ambiente Manuel Tages ao punto contaminante. Os representantes políticos do Concello de Melide, asociacións e demáis veciños que se acercaron a vela mostraron a súa sorpresa polas imaxes e recoñeceron que estaban moi sorprendidos polas mesmas.
O Presidente Xabier Pazo, fixo unha pequena introducción de todo o traballo feito pola Asociación e declarou que este tipo de actos témolos que evitar entre todos e xa é hora de tomar medidas. Lembrou pasados verquídos no río Furelos, Pambre,Ulla,Umia,Cabrón e Xallas.
Xan Perez, vocal de medio ambiente, toma a palabra e dí que todos somos culpables, se non facemos nada para impedilo, "non podemos andar decindo aqueles, cando aqueles somos nós"
O Primeiro Tenente de Alcaldesa Manuel Prado Puga na súa intervención da as grazas a Asociación polo traballo feito e dí que o Concello de Melide se vai persoar como acusación partícular.
A exposición estará aberta o público en horarios de mañá e tarde ate o día 30 no Multiusos, saíndo as rúas de Melide os días 24 e 25 para posteriormente seguir con ela polos colexios de ensino.
Xan Pérez e Xabier Pazo agradecen a todolos participantes a súa asistencia Presidente Asoc. de Troiteiros "Río Furelos".Xavier Pazo Blanco

1 comentario:

Anónimo dijo...

Yo quiero una cárama de fotos como esa, para ver lo que pasa en el futuro. Imagino que estas imágenes sucederán tal cual el 21/01/2012. Que flipada de cámara.

 
Creative Commons License
This blog is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License