11/20/2007

Campaña de Defensa do Medio Ambiente


Este mércores día 21 escomenzamos unha campaña de Defensa do Medio Ambiente, realizando no Multiusos de Medlide unha exposición fotográfica, acompañada dunha charla-debate e da proxección audivisual do desastre.sobre o desastre ecolóxico ocurrido o pasado día 11 de setembro no río
Catasol. Como todos sabemos o Río catasol sufriu unha agresión contaminante que, tendo en conta as consecuencias inmediatas para a flora e fauna fluvial, os medios de comunicación non dubidaron en cualificar de "desastre ecolóxico".
durante varios días voluntarios da Asociación e membros da gardería estiveron recollendo e catalogando as troiotas (4195) e demais animais envelenados, a Administración púxose en funcionamento e os medios de comunicación trasladaron o acontecido á opinión pública. Neste caso, só fica que fale a xustiza.
Non obstante, nós queremos facer esta crónica fotográfica dos feitos como apelación á conciencia colectiva a fin de crear un estado de opinión na sociedade melidense que poña en valor o noso medio natural, para erradicar calquera tipo de comportamento daniño coa natureza.
Unha sociedade avanzada, non só se debe medir polo nivel de vida dos seus compoñentes, senón tamén polo respecto ao medio natural. O progeso non é tal se non é sustentábel. Nada teremos progresado se aos nosos fillos e netos en vez de ríos lles deixamos cloacas.
Decir tamén que sacaremos a exposición as rúas de Melide os días 24 e 25 e que tera continuidade nos colexios de ensino e instituto, para que os escolares realicen os traballos pertinentes e así entre todos poder evitar estes desastres.
A Asociación de Troiteiros "Río Furelos" agradece a colaboración desinteresada prestada a tal fin por persoas e colectivos, e a todos os que se acheguen a ver esta exposición.
Presidente Asoc. de Troiteiros "Río Furelos".Xavier Pazo Blanco

No hay comentarios:

 
Creative Commons License
This blog is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License