10/19/2007

NORMAS DOS SORTEOS DE PERMISOS DE PESCA EN COUTOS PARA A TEMPADA 2008

Diario Oficial de Galicia
luns, 15 de outubro de 2007


CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE


Número de sorteos.
En cada servizo provincial de Conservación da Natureza realizaranse dous sorteos, un para permisos de salmón e outro para permisos de troita, incluíndose neste último, de ser o caso, os permisos de reo, de pesca intensiva e de pesca sen morte. Deste xeito, o número total de sorteos será de oito.

Tipos de solicitudes.
Para cada sorteo, poderán presentarse solicitudes individuais ou en grupo, cun máximo de tres solicitantes por grupo.

Os impresos de solicitude estarán dispoñibles nos servizos provinciais de Conservación da Natureza, nesta dirección xeral ou na páxina web http://medioambiente.xunta.es/formularios.jsp.

Quen participe só poderá figurar nunha solicitude para cada un dos sorteos.
Presentación das solicitudes. Poderán presentarse solicitudes escritas no modelo antes sinalado ou por medio dunha aplicación informática dispoñible na páxina web https://www.xunta.es:444/pescafluvial/.

Na admisión de solicitudes aplicaranse as seguintes normas:
1. Solicitudes por escrito.
Presentaranse nun servizo provincial de Conservación da Natureza ou mediante calquera dos procedementos descritos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Tanto nas solicitudes individuais coma nas solicitudes en grupo, deberá figurar a sinatura de cada solicitante. Así mesmo, a cada solicitude xuntaráselle unha copia do DNI de cada solicitante.

No hay comentarios:

 
Creative Commons License
This blog is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License