9/12/2007

DERRADEIRO DÍA DE LIMPEZA DO RIO FURELOS


O pasado día 8 tivo lugar o último día de limpeza das xornadas, na que participaron 16 voluntarios que retiraron arredor de 400 metros de arames de espiño que aforcaban as árbores nos ríos Martagona e Vilamor, 1 somier, plásticos, 2 rodas de tractor, etc., en cantidade de 400 kg. Tamén sacáronse 8 grandes árbores secas caídas na presa de Mangüeiro que a estaban poñendo en perigo de derrume dentro do couto do río Furelos.
Cumplindose así as previsións da organización e derónse por terminadas as xornadas de limpeza, nas que se sacarón nos tres días 1.600 kg de basura e 160 árbores secas enfermas ou en perigo de derrume para presas nun tramo de 16 km que queda limpo.

Xabier Pazo, presidente do colectivo da as gracias a todolos participantes, voluntarios e, os propietarios das fincas afectadas pola retirada dos arames polas facilidades dadas e pola sua colaboración. Esto demostra que cada vez mais persoas se comprometen coa defensa do noso medio natural e co respecto do mesmo, demostrando que as campañas levadas a cabo pola Asociación dan resultados positivos.




Asociación de Troiteiros "Río Furelos".
Tel. 696607348

No hay comentarios:

 
Creative Commons License
This blog is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License