9/04/2007

2ª XORNADA DE LIMPEZA DA ASOCIACIÓN DE TROITEIROS "RIO FURELOS"

No segundo día das Xornadas de limpeza do río Furelos, os voluntarios da Asociación retiraron todalas árbores taladas e que estaban dentro do cauce xunto con outras 40 máis. Nos ríos Martagona e Vilamor, afluntes do Furelos, retiraronse entre plásticos, latas, arames de espiño que aforcaban as árbores de ribeira, plasticos de silos, 1 roda de tractor, 1 lavadora... en total sobre 700 kg de basura que unha vez depositada nos puntos acordados foron trasladadas polo camión do Concello de Melide, para o punto limpo e podan ser tratadas conforme a lexislación ordena.
Os traballos levaronse a cabo sempre contando coa presenza da Garderia de Medio Ambiente, coa colaboración dos voluntarios e veciños das parroquias de Melide e Toques afectadas pola retirada das árbores e sempre nun clima de colaboración e cooperación.
Na parada de descanso, houbo un xantar na praia fluvial de Furelos que contou coa presenza e apoio da Alcaldesa de Melide.
Queda aínda o último día, o próximo 8 de setembro no que se farán o 1,6 km que faltan para rematar as xornadas de limpeza nos ríos martagona e Vilamor. No Furelos retirarase da presa de Dositeo unhas grandes árbores caidas que representan gran perigo para dita presa. Tamén nesta última xornada contaremos coa presenza de 8 voluntarios de Porriño.
Xabier Pazo, presidente do colectivo, expresa ás súas máis sinceiras grazas a todolos participantes e tamén agradece a colaboración prestada por todolos veciños das distintas parroquias de Melide e Toques, sen os cales parte do traballo non se podería facer.

1 comentario:

Anónimo dijo...

maricas, que sois tos unos maricas

DOMINGO CAVALO

 
Creative Commons License
This blog is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License