9/03/2007

1ª XORNADA DE LIMPEZA DA ASOCIACIÓN DE TROITEIROS "RIO FURELOS"

O pasado día 25 de agosto tiveron lugar a 1ª Xornada de limpeza da Asociación de Troiteiros, basadas na retirada de lixo do cauce do río que lles da nome. Este ano a participación dos voluntarios foi superior a dos anos anteriores, a recollida de lixo do cauce do couto do río Furelos de 9 km, foi de 400 kg., proba de que as campañas de concienciación levadas pola Asociación durante estes anos están causando o efecto desexado por todos. Tamén se talarón e retiraron do cauce árbores secas en total 110, contando en todo momento coa presencia da Gardería de Medio Ambiente. Os voluntarios recibiron un xantar e camisetas gratuito pola Asociación.




O vindeiro día 1 de setembro, terán lugar a 2ª Xornadas no río Martagona e no río Vilamor, afluentes do Furelos, en total 6 km., e seguiran a retirada de árbores secas e a tala das mesmas que esteñan en mal estado ou presenten perigo para pontes ou casas.

O seu Presidente Xabier Pazo califica esta xornada de éxito total, a cantidade de lixo e insignificante mirando a anos anteriores, e dí que non podemos descoidarnos, pois agora queda seguir traballando e nos regatos afirma que atoparan de todo. Esta é unha labor de anos que seguira tendo continuidade sempre.



No hay comentarios:

 
Creative Commons License
This blog is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License