4/25/2007

ÉXITO DE PARTICIPACIÓN NO CAMPIONATO DE PESCA “TERRA DE MELIDE


53 participantes repartíronse trofeos, medallas e diverso material de pesca valorados en 2.500 euros
A Asociación de troiteiros “Río Furelos” de Melide organizou a pasada fin de semana o II Campionato de Pesca no río melidense que lles dá nome. Ao evento apuntáronse un total de 53 troiteiros aínda que so contaban con 15 permisos da Consellería de Medio Ambiente. Os troiteiros restantes fixeron de xuíces durante toda a xornada e outros labores de organización do evento. O xurado da proba valorou o número de pezas capturadas; así como o tamaño e o peso das mesmas. Pescaron un total de 109 troitas.
PREMIOS:
1º premio: Antonio García Prado
2º premio: Jesús Cea Vázquez quen pescou, ademais, a troita máis grande.
3º premio: Emilio Gómez Vázquez
4º premio: José Antonio Cea quen, con so 16 anos, foi o participante máis novo.
Os trofeos e premios entregados estaban valoradas en 2.500 euros ente os que destacaba a figura única e exclusiva feita en cerámica para a ocasión e que representa á ponte medieval de Furelos.
A Asociación de troiteiros “Río Furelos” de Melide naceu hai só dous anos pero xa conta con 210 socios que valoran moi positivamente a preocupación medioambiental da súa directiva que quedou patente nas II Xornadas de limpeza do río Furelos celebradas o pasado verán.
Para o presidente da asociación, Xabier Pazo Blanco, “o II Concurso de Pesca “Terra de Melide” foi todo un éxito de participación polo que están aseguradas futuras edicións”. A xornada rematou cun xantar nun coñecido restaurante da vila no que participaron unhas setenta persoas.
O Próximo día 29 de abril celebrarase no río Furelos de Melide un concurso provincial de pesca para o cal a asociación de troiteiros Río Furelos cede os cinco permisos dos que dispón para esa xornada á Federación Galega de pesca para colaborar así a que a nova proba sexa un éxito.


Saúdos da Asociación de Troiteiros “Río Furelos” de Melide.
Se desexan máis información poden falar co presidente da Asociación, Xabier Pazo Blanco, no 696 607 348 ou no 981-505292
asociaciontroiteiros@gmail.com

Fernando Alonso. Raikkonen. Hamilton. Janet Jackson. Britney Spears. Brad Pitt. Angelina Jolie. Juan Pablo II. Ral Madrid. Ronaldinho. Ikea. Harry Potter. El rincón del vago. El Corte Inglés. Vueling. Psp. Nokia. Api. Jlo. Hollister. Azucena. Metzelder. Woody Allen. Yelena Isinbayeva. Allison Stokke. Schuster. Real Madrid.

s


No hay comentarios:

 
Creative Commons License
This blog is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License