6/23/2006

III Campionato Comarcal de Surf Casting “Concello de Valdoviño”

O pasado día 27 de Maio, a Asociación Deportiva “Peña O Rodaballo”, dentro das súas actividades deportivas para este ano 2006, realizou o III Campionato Comarcal de Surf Casting “Concello de Valdoviño”.
Dito Campionato celebrouse na praia de A Frouxeira (Valdoviño), dende as 22:00 h ata as 04:00 h, realizandose o rematare a proba a pesaxe das capturas. O sorteo de postos e pesaxe fíxose na Cafetería “A Piscina”.
O día seguinte fíxose a entrega de trofeos e premios para os tres primeiros clasificados e a peza maior no mesmo lugar do sorteo, habendo uns pinchos despois da entrega.
Destacamo-la alta participación dos seus socios en dita proba (total participantes 46), os premios deste Campionato foron a parar os seguintes participantes:

1º Clasificado: JUAN CARLOS COUCE CASTRO (2.600 PTOS.)
2º Clasificado: EMILIO CENIZA FONTES (2.430 PTOS.)
3º Clasificado: EUSEBIO LÓPEZ REDONDO (2.180 PTOS.)
1º capturou unha robaliza e dous sargos, o 2º tres robalizas e o terceiro dúas robalizas e un sargo.

O premio á Peza Maior foi para:
JUAN CARLOS COUCE CASTRO, cunha robaliza de 850 gr.

Destacamolo atractivo da proba polos numerosos visitantes que houbo durante a mesma.
Queremos agradecer o Concello de Valdoviño pola súa disponibilidade e apoio para á realización e continuidade desta proba. E tamén a tódolos colaboradores, en especial á Cafetería A Piscina, que esperou aberto para que se fixera a pesaxe das capturas ata as 05:00 h.

A DIRECTIVA
Deja tus comenterios a pie de noticia.

1 comentario:

Anónimo dijo...

COMO SE NOTA QUE EUSEBIO ANDA CON EL NATAS, TODO SE PEGA.

 
Creative Commons License
This blog is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License