9/03/2012

VENDA DE PERMISOS DE PESCA E COUTOS PARA A TEMPADA 2013

DOG Núm. 167  
Luns, 3 de setembro de 2012  
Páx. 34911
 
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
RESOLUCIÓN do 20 de agosto de 2012, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se fixan as normas dos sorteos e da venda de permisos de pesca en coutos para a tempada 2013.
 
 
Segundo o disposto no artigo 34 do Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, os sorteos de permisos de pesca en coutos realizaranse nos servizos de Conservación da Natureza, segundo a normativa que fixe a Dirección Xeral de Conservación da Natureza para cada tempada.

De conformidade co anterior, as normas dos sorteos de permisos de pesca en coutos para a tempada 2013 serán as seguintes:

– Número de sorteos.

En cada Servizo de Conservación da Natureza realizaranse dous sorteos:

1. Sorteo de salmón: incluirá os permisos de coutos, con e sen morte, de salmón.

2. Sorteo de troita: incluirá os permisos de troita, de reo, de pesca intensiva e aqueles de pesca sen morte non incluídos no sorteo anterior.

– Calendario.

Inicio do período de presentación de solicitudes: 6 de setembro de 2012, ás 9.00 horas.

Límite de presentación de solicitudes: 1 de outubro de 2012, ás 14.00 horas.

Data de sorteo: 13 de novembro de 2012, ás 12.00 horas.

Período de reclamacións: do 15 ao 29 de outubro de 2012.

1. Sorteo de salmón.
Inicio da escolla: 8 de xaneiro de 2013.
Inicio da segunda venda: 29 de marzo de 2013, ás 9.00 horas.
Inicio da venda libre de permisos sobrantes: 15 de abril de 2013, ás 9.00 horas.

2. Sorteo de troita.
Inicio da escolla: 12 de decembro de 2012.
Inicio da segunda venda: 11 de febreiro de 2013, ás 9.00 horas.
Inicio da venda libre de permisos sobrantes: 1 de marzo de 2013, ás 9.00 horas.

– Tipos de solicitudes.

Para cada sorteo, poderán presentarse solicitudes individuais ou en grupo, cun máximo de tres solicitantes por grupo.

Os impresos de solicitude estarán dispoñibles nos servizos de Conservación da Natureza ou na páxina web: https://www.xunta.es:444/pescafluvial/ na epígrafe ii. Servizos públicos.

Quen participe só poderá figurar nunha solicitude para cada un dos sorteos.

– Presentación das solicitudes.

Poderán presentarse solicitudes escritas no modelo antes sinalado ou por medio dunha aplicación informática dispoñible na páxina web:
https://www.xunta.es:444/pescafluvial/

Na admisión de solicitudes aplicaranse as seguintes normas:

1. Solicitudes por escrito.

Presentaranse nos rexistros das xefaturas territoriais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ou mediante calquera dos procedementos descritos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Tanto nas solicitudes individuais coma nas solicitudes en grupo deberá figurar a sinatura de cada solicitante.
Ás solicitudes presentadas dentro do prazo establecido, pero que sexan recibidas polo servizo logo do sorteo, asignaráselles un número de elección ao final da listaxe.

2. Solicitudes telemáticas.

Para formular a solicitude será necesario introducir o número de DNI e mais o da licenza de pesca fluvial, a vixente ou calquera outra de anos anteriores. Para solicitudes en grupo será preciso introducir tanto os números de DNI coma os das licenzas da totalidade de participantes.
O enderezo para notificacións relacionadas co sorteo será o que figura na licenza do solicitante principal, non obstante, poderase modificar este enderezo na propia páxina web durante o rexistro da solicitude.

3. Duplicidade de solicitudes nun mesmo sorteo.

O acceso ás solicitudes telemáticas quedará bloqueado logo de que o solicitante xa conste nunha primeira solicitude.
No caso de que un mesmo DNI conste nunha solicitude telemática e mais nunha solicitude escrita, anularase a solicitude telemática.
No caso de que un mesmo DNI conste en varias solicitudes escritas, anularanse as máis antigas, prevalecendo sempre a última data de rexistro de entrada.
No caso de solicitudes en grupo, as anulacións afectarán unicamente aqueles DNI repetidos.
Non se considerarán duplicidades cando as solicitudes presentadas teñan por obxecto diferentes sorteos.
Calquera manipulación que se detecte nas solicitudes con ánimo de variar o resultado do sorteo ou de participar con máis posibilidades que os outros solicitantes suporá a anulación de todas as solicitudes presentadas en todos os sorteos.

4. Consulta da admisión de solicitudes e reclamacións.

As solicitudes admitidas, logo da súa introdución na aplicación informática, poderán ser consultadas na páxina web: https://www.xunta.es:444/pescafluvial/. Para acceder á consulta unicamente será preciso introducir o número de DNI.
As reclamacións poderanse facer directamente a través da páxina web da consellería, no correspondente punto de reclamacións no propio portal https://www.xunta.es:444/pescafluvial/, ou ben por escrito. No caso de presentación telemática, será preciso identificarse introducindo o número de DNI.
– Realización dos sorteos.
En cada sorteo, as solicitudes numeraranse correlativamente, comezando polo 1, segundo a orde de entrada na aplicación informática.
Os sorteos serán públicos. Cada sorteo realizarase con tres ou catro bombos, segundo sexa preciso polo número de solicitudes presentadas, correspondendo cada un deles ás unidades, decenas, centenas e unidades de millar. En cada bombo introduciranse dez números, do 0 ao 9, excepto no que corresponda ás unidades de millar, en que unicamente se introducirán os números necesarios para cubrir os miles de solicitudes presentadas. Sacarase un número completo formado por tres ou catro bólas, segundo proceda. No caso de que o número constituído polas bólas exceda o que corresponda á última solicitude presentada, procederase a sortear de novo, devolvendo as bólas aos correspondentes bombos e repetindo a operación.
A solicitude que se corresponda co número extraído será a primeira en elixir e continuarase a elección por orde correlativa ata rematar a listaxe e seguir a partir do 1.
Os sorteos terán lugar nos servizos de Conservación da Natureza.

– Resultados dos sorteos.

Os resultados dos sorteos poderán consultarse na páxina web:
https://www.xunta.es:444/pescafluvial/
Para acceder á consulta será preciso introducir o número de DNI.
Así mesmo, a cada solicitante notificaráselle o día e mais o rango horario en que poderá escoller os permisos. No caso de solicitudes en grupo, só recibirá a notificación quen figure en primeiro lugar.

– Elección de permisos.

Para a elección de permisos de troita e reo, os servizos establecerán grupos de permisos de pesca, non así para os de salmón, que haberá un só grupo en cada provincia. A listaxe dos grupos será exposta no taboleiro de anuncios de cada servizo e na páxina web https://www.xunta.es:444/pescafluvial/. Xunto coas notificacións dos resultados dos sorteos remitirase unha copia desta listaxe.
Á hora da escolla, cada solicitante só poderá seleccionar dous permisos de cada grupo, dos cales só un poderá corresponderse cun sábado, domingo ou festivo. Nos sorteos de salmón só se poderá escoller un permiso.
Na páxina web https://www.xunta.es:444/pescafluvial/ poderá consultarse en tempo real o número de permisos dispoñibles en cada couto e para cada xornada de pesca.
A escolla poderá realizarse por calquera dos seguintes medios:
1. Persoalmente no servizo provincial que corresponda, na data e dentro do rango horario que se sinale na notificación.
2. Mediante chamada telefónica ao número que se indique na notificación, na cal tamén se sinalarán a data e o rango horario en que deberá realizarse esta chamada.
3. Directamente na páxina web:
https://www.xunta.es:444/pescafluvial/

Para acceder a este servizo deberase introducir o número de DNI e unha clave subministrada para tal efecto xunto coa notificación do resultado dos sorteos. O usuario poderá realizar comprobacións e reservas previas antes da súa quenda, e mesmo gravar os datos da reserva, pero só se poderá confirmar unha reserva previa dentro da data e rango horario asignados ao solicitante, existindo a posibilidade de cambiar os permisos que xa non estean dispoñibles. Rematado o rango horario sen terse producido a escolla, o usuario non terá dispoñible o servizo durante os horarios de reservas telefónicas, é dicir, en xornadas laborables entre as 9.00 e as 14.00 horas. Fóra deste horario, calquera usuario que non escollese na súa quenda poderá escoller de entre os permisos dispoñibles en cada momento ata o remate do período de escolla da primeira venda, que se indicará na notificación do sorteo.
Unha vez confirmada unha reserva por calquera dos medios previstos, non poderá ser modificada polo solicitante.

– Segunda venda de permisos.

Unha vez rematada a escolla, os permisos sobrantes e aqueles non retirados nos prazos fixados serán incluídos nun segundo proceso de escolla. Este procedemento será unicamente a través da páxina web: https://www.xunta.es:444/pescafluvial/, cos mesmos requisitos de acceso que anteriormente. O servizo de reserva pola internet estará dispoñible ininterrompidamente para todos os participantes no sorteo a partir da data e hora de inicio.
Xunto coa notificación dos resultados do sorteo facilitarase a data previa en que se exporá na páxina web indicada o total dos permisos dispoñibles para esta segunda escolla e que deberá ser, cando menos, tres días antes do comezo da escolla.
As normas, en canto aos grupos de coutos e ao número de permisos por grupo, serán as mesmas que na primeira escolla.

– Venda libre.

Os permisos non escollidos e aqueles non retirados nos prazos fixados serán postos á venda a través da internet e nos centros de venda regulados no artigo 35 do Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais. Para a venda a través da internet reservarase como mínimo o 50 % dos permisos sobrantes en cada couto para cada xornada de pesca.
Na venda libre só se poderá adquirir un permiso diario.

– Expedición de permisos.

No prazo de 10 días naturais, contados desde a data da escolla, os permisos seleccionados deberán ser pagados nunha entidade bancaria e recollidos no servizo.
Nos casos de reserva a través da páxina web, poderase efectuar o pagamento telematicamente mediante tarxeta de crédito na mesma páxina web.
En cada servizo facilitaranse os impresos de liquidación de prezos públicos/privados, necesarios para o pagamento do importe dos permisos nas oficinas bancarias autorizadas; así mesmo, estes impresos serán remitidos xunto coas notificacións dos resultados dos sorteos, e tamén se poderán conseguir na páxina web: http://www.conselleriadefacenda.es, escollendo sucesivamente en Tributos; Documentos; Formularios de taxas e prezos; Borradores de modelos de ingresos; Modelo L prezos públicos/privados da Comunidade Autónoma de Galicia. Liquidación.
Segundo o establecido no artigo 7.3 do Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, os permisos de pesca teñen carácter persoal e intransferible; cada titular de permisos debe realizar o pagamento individualmente, mesmo nos casos de solicitudes en grupo.
Nos casos en que non se retiren os permisos persoalmente, o pagamento deberá acreditarse, no mesmo prazo de 10 días naturais establecido no parágrafo primeiro deste punto, remitíndolle por fax ao servizo a copia para a Administración do impreso de liquidación debidamente formalizado. Tamén será posible facelo mediante correo electrónico, escaneando a copia citada do impreso de liquidación e remitíndoa ao correo electrónico que se indicará na carta de notificación do resultado do sorteo. Nestes casos, os permisos serán remitidos por correo ao enderezo que conste na solicitude.

– Outras normas.

A normativa de funcionamento dos coutos será a que estableza a orde anual que regulará os períodos hábiles de pesca e normas relacionadas con ela nas augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia durante a tempada de 2013. Os permisos serán outorgados con esta condición e sen que os posibles cambios na normativa poidan dar lugar a cambios de permisos, agás no caso concreto de que se prohiba a práctica da pesca na data ou no couto obtido.
Logo da expedición dun permiso, non se poderá anular nin transferir a outra persoa, nin obter o reintegro do seu importe, agás no caso previsto no parágrafo anterior. En todo caso, cando proceda o reintegro do importe, será preciso presentar unha solicitude escrita á cal se xunte unha copia do impreso de pagamento en que figuren os datos do titular do permiso.

Santiago de Compostela, 20 de agosto de 2012
 

No hay comentarios:

 
Creative Commons License
This blog is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License