QUE CASUALIDADE 15 días despois que a edil de Medio ambiente, María Castelao dera “orden de revisar periodicamente a conexión para evitar que una situación de este tipo se volva a repetir” pois volvese a repetir, o Río Sar volveuse a tinguir de branco e espuma todo este fin de semana. O mesmo pozo que se atascou vai quince días volve a verter todas as augas fecais procedentes do Milladoiro ó Río Sar.
Se isto e a “xestión rápida e eficaz dos problemas que se presenten” que nos propón o Concello ata o 2016, estamos avíaos . Catro anos mais aguantando que o río Sar sexa a cloaca da capital de Galicia. Pois se vai a ser así, que nos devolvan os cartos que relixiosamente O SERVIZO MUNICIPAL DE AUGAS nos pasan no recibo da auga, en concepto de sumidoiros e depuración, xa que polo que estamos a ver isto da depuración non vai a ir a diante ata o 2016.
Dende a plataforma pola recuperación do río Sar esiximos que se retomen con carácter de urxencia as obras do colector interceptor do río Sar, paradas dende fai case dous anos, e que mentres tanto, coma solución provisional dende a plataforma proponse a colocación de gaiolas tamizantes ao redor das arquetas mais saturadas e dos aliviadoiros que o vello colector ten o longo do seu percorrido, para evitar que os residuos sólidos expulsados dende as arquetas e a depuradora queden esparexidos polas marxees do río dende Santiago ata Padrón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario